Sobre Trasno

2010-03-06 Conversa Antón Méixome
Un tema para mirar de actualizar porque metade do artigo xa non
responde á situación actual

http://gl.wikipedia.org/wiki/Proxecto_Trasno


Re: Sobre Trasno

2010-03-06 Conversa Alejo Pacín Jul
E terás razón e todo, xDDD.

A situación legal non se corresponde moito.

E hai páxinas que antes non había e agora si. Por exemplo:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Mandriva_Linux (leva 6 meses sen actualizar,
pero algo é algo, xD).

Saúdos.

2010/3/6 Antón Méixome cert...@certima.net

 Un tema para mirar de actualizar porque metade do artigo xa non
 responde á situación actual

 http://gl.wikipedia.org/wiki/Proxecto_Trasno


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Re: Repositorios de software para Chakra GNU/Linux

2010-03-06 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola.

Comenteino coa xente de Ousli e parece que lles pode interesar.

Seu mirror esta aquí: http://mirror.ousli.org/

Mirade esta nova: http://www.ousli.org/content/view/188/1/

Teñeno que falar entre os socios, pero contade case seguro que será
si, como facemos o contacto?

Un saúdo.

2010/3/5 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Un dos desenvolvedores ─Manu Tortosa─ de Chakra GNU/Linux, unha especie de
 fork/complemento de Arch Linux, quere buscar repositorios en España. Xa
 contactou con RedIris, aínda que non lle contestaron.

 Sabedes como podo contactar con algunha universidade ou outra organización
 para buscar posibles repositorios espello dos paquetes de Chakra?


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



Axuda na revisión de erros de contexto de GNOME

2010-03-06 Conversa Fran Dieguez
-BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-
Hash: SHA1

Ola a todos,

con esta mensaxe quero pedirvos a colaboración na busca de grallas de
contexto que se poidan encontrar no escritorio GNOME.

Para explicar o que é unha gralla de contexto podemos recorrer a un
exemplo que me pasou esta mesma tarde:

Premendo o botón secundario do rato sobre o escritorio de GNOME podemos
elexir a opción Clean _up by name o cal estaba traducido como Limpar
por nome. Como podedes comprender esta tradución non estaba correcta.
Está corrixida agora a Ordenar por nome. Gustaríame erradicar este
tipo de erros, lévanse mal comigo, e por iso vos pido colaboración. A
máis ollos, máis exactitude.

A forma máis sinxela coa que podedes facer isto é empregar unha live-cd
de Ubuntu Lucid, versión alfa, xa que é o suficientemente estábel como
para comprobala nunha máquina virtual de VirtualBox ou mesmo Qemu. Ou se
non queredes andar con máquinas virtuais tamén podedes gravar a imaxe
nun CD pero iso é pouco ecolóxico...

Podedes descargar a iso da Live-CD desde
http://cdimage.ubuntu.com/releases/lucid/alfa-3/ e seleccionando a
versión x86 ou a x86_64 no caso de que teñades un computador con soporte
para 64 bits. Lembrade logo de facer a instalación da máquina virtual
actualizar mediante o Xestor de Actualizacións para así asegurarvos
que tedes a última versión das traducións.

As grallas que encontredes podedes envialas a gn...@g11n.net e alí o
equipo encargarase de eliminalas.

Graciñas ante todo e bo translation bug-catching!
-BEGIN PGP SIGNATURE-
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAkuSu5IACgkQmLtmJqKk+bj5VACcD35gYFWScc+0TNMweiIQWSJ8
gmEAn0rUxGAmu63xKB91n1M44fo5sFcn
=zjAT
-END PGP SIGNATURE-