-----BEGIN PGP SIGNED MESSAGE-----
Hash: SHA1

Ola a todos,

con esta mensaxe quero pedirvos a colaboración na busca de grallas de
contexto que se poidan encontrar no escritorio GNOME.

Para explicar o que é unha gralla de contexto podemos recorrer a un
exemplo que me pasou esta mesma tarde:

Premendo o botón secundario do rato sobre o escritorio de GNOME podemos
elexir a opción "Clean _up by name" o cal estaba traducido como "Limpar
por nome". Como podedes comprender esta tradución non estaba correcta.
Está corrixida agora a "Ordenar por nome". Gustaríame erradicar este
tipo de erros, lévanse mal comigo, e por iso vos pido colaboración. A
máis ollos, máis exactitude.

A forma máis sinxela coa que podedes facer isto é empregar unha live-cd
de Ubuntu Lucid, versión alfa, xa que é o suficientemente estábel como
para comprobala nunha máquina virtual de VirtualBox ou mesmo Qemu. Ou se
non queredes andar con máquinas virtuais tamén podedes gravar a imaxe
nun CD pero iso é pouco ecolóxico...

Podedes descargar a iso da Live-CD desde
http://cdimage.ubuntu.com/releases/lucid/alfa-3/ e seleccionando a
versión x86 ou a x86_64 no caso de que teñades un computador con soporte
para 64 bits. Lembrade logo de facer a instalación da máquina virtual
actualizar mediante o "Xestor de Actualizacións" para así asegurarvos
que tedes a última versión das traducións.

As grallas que encontredes podedes envialas a gn...@g11n.net e alí o
equipo encargarase de eliminalas.

Graciñas ante todo e bo translation bug-catching!
-----BEGIN PGP SIGNATURE-----
Version: GnuPG v1.4.9 (GNU/Linux)
Comment: Using GnuPG with Mozilla - http://enigmail.mozdev.org/

iEYEARECAAYFAkuSu5IACgkQmLtmJqKk+bj5VACcD35gYFWScc+0TNMweiIQWSJ8
gmEAn0rUxGAmu63xKB91n1M44fo5sFcn
=zjAT
-----END PGP SIGNATURE-----

Responderlle a