Ao final temos asignado a un alumno para o proxecto de creación dun
repositorio centralizado de TMX co seu correspondente servizo web para
que se integre nos clientes que queiramos. 

En canto vaiamos avanzando xa vos comento, é importante que todos
poñamos da nosa parte porque somos so principais beneficiarios. Eu
estarei como titor do proxecto dentro da USC. Vai ser software libre por
suposto!!

Saúdos
-- 
Enviado desde Ubuntu


O Ven, 08-10-2010 ás 13:14 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> 2010/10/8 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> >>
> >> Xa que estamos co tema dos PFC coméntovos que estou comezando o meu e
> >> vai sobre facer un Glósima mellor feito e integrado co Translate
> >> Toolkit e familia. Chamareille algo como "Sistema web de discusión
> >> colaborativa de terminoloxía para localización de software libre".
> >
> > Entendo entón que abandonas do desenvolvemento do Glósima?
> 
> Entende que non teño tempo para todo. A verdade é que en Glósima hai
> que arranxar dúas ou tres cousas, pero arranxareinas para que Trasno
> poida traballar con el.
> 
> A idea do meu PFC é facer algo que se integre cas ferramentas CAT para
> localización de SL, que o adopten varios proxectos de localización
> (varios idiomas), e que nun futuro substitúa a Glósima en Trasno. Sei
> que ti querias Glósima como sistema de discusión xeral de terminoloxía
> non centrado só na localización, e igual queda para "futuros
> desenvolvementos" do meu PFC, ou cando remate o PFC se teño
> tempo/ganas igual lle fago algo máis ao Glósima, pero non prometo
> nada.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a