Catálogo de software libre para tradutores

2011-05-29 Conversa Antón Méixome
Creo que pode/debe ser de interese

http://traduccionymundolibre.com/wiki/Main_Page
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


proposta para o web

2011-05-29 Conversa Antón Méixome
Alguén podería poñer un pouco máis visible o servizo de subscrición ao RSS?

http://www.trasno.net/feed.php
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Reunión de Ourense 11.00 - As miñas notas sobre os acordos

2011-05-29 Conversa Xosé
Esta reunión de Ourense caracterizouse por unhas gañas apremiantes de
refrendar termos que por momentos parecían ansias galopantes. Leandro quedou
co árduo labor de elaborar todos os acordos e presentalos. Ademais del,
quero resaltar que ninguén máis (nen sequer eu) preparamos ben a lista de
termos para discutir que el presentara con días de antelación. No futuro
faríamos mellor se a levásemos preparada.
Presento aquí as notas que fun tomando para que lle servan de axuda. Hai
algúns baleiros que espero que axudedes a completar. Utilicei o texto da
proposta de discusión de Leandro e, para cada termo, anotei a solución
adoptada e os razoamentos. As non tratadas, así como as tratadas despois das
20.00, aparecen no fondo.
Xosé

Discusión de terminoloxía
Cuestións de estilo a debater ao comezo

*Terminación en -bel/-ble
+ Decisión: Prefírese -bel/-beis.
+ Razóns: As dúas son aceptadas pola RAG aínda que esta utilice só a
segunda. -bel/-beis foi a forma escollida no seu momento por Mancomun e
adaptada por trasno. Socialmente está aceptada e transmite unha idea de
lingua culta. Establécese hoxe como recomendada.
+ Decisión por unanimidade

*dende/desde
+ Decisión: Só desde; dende é incorrecto
+ Razóns: dende é dialectal e desde é a forma padrón.
+ Decisión por unanimidade

*Nomes das teclas, en maiúsculas ou só a primeira letra: «TAB»/«Tab»?
+ Decisión: 1) Prefírese maiúscula inicial, sen punto. 2) Hai que elaborar
unha listaxe de nomes de teclas e solicitar que a RAG ditamine cales son os
apropiados.
+ Razóns: Convense en que os nomes das teclas funcionan como símbolos: non
son nomes e non son abreviaturas (neste caso deberían levar punto ao final).
Hai dúbidas.
+ Decisión por ?

*Remove, delete, erase, clean
+ Decisión: Tratar na próxima trasnada a proposta seguinte:
  Remove: Retirar
  Delete: Eliminar
  Erase: Borrar
  Clean: Limpar

* firewall: devasa
+ Decisión: firewall tradúcese como devasa
  cortalumes é un castelanismo; firewall é un anglicismo que hai que
explicar (polo tanto, ineficaz).
+ Razóns: Os firewall realizan funcións que se describen con esta
metáfora; en galego, ao termo firewall correspóndelle devasa, que
carece, obviamente, desta acepción, pero que a asume facilmente. O termo é
moi descoñecido pero isto non obstaculiza o seu uso.

*password, passphrase
+ Decisión: password tradúcese como contrasinal (substantivo masculino);
passphrase: frase de paso
+ Razóns: En inglés existen dous conceptos, sinalados con estas dúas
palabras; a segunda é un neoloxismo formado a partir do primeiro que indica
a posibilidade de incluír espazos nesa cadea de texto e que pode ser máis
longa que a primeira. Contrasinal é o termo empregado tradicionalmente na
tradución de password; frase de paso, aínda que non mantén a relación
morfolóxica, transmite perfectamente a diferenza entre os dous conceptos.

*keyword
+ Decisión:
  keyword: palabra clave no contexto de buscas. Unha keyword é unha
palabra que é relevante nun contexto.
  keyword: palabra chave para accesos. Unha keyword é como un
contrasinal.
+ Razóns: (dadas na decisión). Nota: non se considerou a posibilidade da
tradución de keyword como contrasinal. Conveuse en que un contrasinal, ou
unha clave remiten a un segredo, mentres que chave se refire a algo
físico, como un ficheiro.


*update/upgrade/downgrade (verbo e substantivo)
+ Decisión:
  update: actualizar, actualización
  upgrade: anovar, anovación
  downgrade: reverter, reversión
+ Razóns: Non existen conflitos nestes usos. Si existen outras posibilidades
para downgrade, como retroceder.

*rollback
+ Decisión: rollback: regresión, regresar
+ Razóns: é un termo distinto dos utilizados para update/upgrade/downgrade
que pode transmitir a idea dun proceso incompleto do que se volve.

*commit
+ Decisión: commit: remitir, remisión
+ Razóns: correspondencia perfecta entre os termos

*encrypt/encryption/decrypt/decryption
+ Decisión:
  encrypt: cifrar
  encryption: cifrado
  decrypt: descifrar
  decryption: descifrado
+ Razóns: Fundamentalmente, hai que acabar coa tradución por encriptar,
que, literalmente, significa meter nunha cripta.

*username/user name/login name/login/log in/log off/logon/log
on/logout/log out/sign in/sign off/sign on/sign out/sign up/register/create
account
+ Decisión:
  Concepto crear unha conta que permita un acceso con determinados
privilexios (sign up, register): crear unha conta
  Concepto Acceder coas credenciais obtidas con anterioridade (sign in/on,
log in/on e recíprocos): Acordalo nunha reunión posterior, barallando tal
vez: acceder, entrar/saír
+ Razóns: 1) está claro; para 2) había diversas opcións, como as
mencionadas, e distintos contextos nos que hai que probar se se pode
entrar, etc.

*username/user name/login name/login:
+ Decisión: username: nome de usuario
+ Razóns: Hai que unificar todos estes termos que teñen unha razón histórica
no inglés pero non para nós. Hai que ter en conta no futuro a diferenza
entre nome