[terminoloxía] enclosure

2011-09-10 Conversa Xose M
Saúdos

estou a traducir un engadido do Evolution relacionado coa xestión de fontes RSS.

O termo enclosure que aparece de xeito recurrente e dame que facer,
pois refírese aos contidos adxuntos, incluídos ou anexados a un artigo
dunha fonte. Ou eu enténdoo vendo o contexto e o uso que se fai do
termo en relación co RSS en outras situacións.

Por exemplo:
Evolution will download all feed enclosures a feed article may contain.

Poderíao traducir con contidos da fonte ou engadidos da fonte ,
pero sería mellor diferencialo de algún xeito de content ou add on
ou incluso plugin (engadido, según a costume establecida)

So, help needed  ;)
Grazas.
-- 
*Xose M*

Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxía] enclosure

2011-09-10 Conversa Antón Méixome
 Sendo os dous programas para tratar con RSS e así, se cadra era ben que
 a nomenclatura estivese estandarizada.

Apoio a moción. A discusión en

http://trasno.net/lurker/thread/20101117.215533.a75bc7a3.gl.html#20101117.215533.a75bc7a3

xa é suficentementemente detallada
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [terminoloxía] enclosure

2011-09-10 Conversa Xose M
moi ben, entón

enclosures = compoñentes

parte dos conceptos discutidos na lista xa os tivera en conta investigando o
asunto.
grazas pola referencia

2011/9/10 Antón Méixome cert...@certima.net

  Sendo os dous programas para tratar con RSS e así, se cadra era ben que
  a nomenclatura estivese estandarizada.

 Apoio a moción. A discusión en


 http://trasno.net/lurker/thread/20101117.215533.a75bc7a3.gl.html#20101117.215533.a75bc7a3

 xa é suficentementemente detallada
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
*Xose M*

Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Solucionado bug de gtranslator con gtkspell

2011-09-10 Conversa Fran Dieguez
Ola a todos,

para os que estades probando a nova versión de gtranslator en Ubuntu
Oneiric ou a última versión de Fedora, o gtranslator baseado en GTK3.
Seguro que tinhades o problema de que non funcionaba a verificación
ortográfica en ningún idioma.

Polo que logo de investigar uns minutinhos fixen un parche que soluciona
o erro e xa foi remitido tanto a Ubuntu como a GNOME (nacho) para que
sexa incluído.

Como a saída de GNOME e Ubuntu é inminente non creo que chegue a tempo
polo que nos vindeiros días farei un paquete para Ubuntu Oneiric que
solucione o erro e evite que as persoas non técnicas tenhan acceso á
última versión de Gtranslator (por certo moi mellora en interface).

Máis cousas en gtranslator:
Agora admite python como linguaxe de programación para os engadidos co
que se fai moito máis doado para a aqueles que non queremos voltar a
aprender C de novo.
A minha idea é crear un engadido para cargar glosarios, ao estilo de OmegaT.
Se tedes algunha idea para engadidos por favor comentade por esta rolda.

Tedes máis información técnica e o parche remitido en:
https://bugs.launchpad.net/gtranslator/+bug/846431

Saúdos
-- 
Fran Dieguez
Coordinator of GNOME L10n Galician Team  GNOME member
l10n.gnome.org/teams/gl - frandieg...@ubuntu.com
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto