COLABORAR COMO VOLUNTARIA

2011-12-21 Conversa Susana Brandariz



Saúdos

Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto
 (Ubuntu, Gnome...) polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven 
botando unha ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda 
que algunhas ligazóns están rotas. 

Non entendo moi ben se debo 
solicitar que se me asigne unha tradución que non estea feita, ou facer 
primeiro unha proba para ser admitida, ou me teño que unir a un grupo, ou é 
mellor que me poña en contacto co coordinardor...

A
 miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e 
filoloxía inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por 
iso agora estou facendo un ciclo superior de fp.

Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar. Grazas   
  ___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: COLABORAR COMO VOLUNTARIA

2011-12-21 Conversa Enrique Estévez Fernández
Ola Susana.

Antes de nada benvida ao proxecto.

Eu son Enrique, todos me coñecen por Keko e nestes momentos son o
coordinador das traducións de Mozilla.

Para min o importante é saber que experiencias tes traducindo
software, é dicir, que aplictivos usas e sobre todo en que proxecto
queres colaborar. Se queres traducir en Mozilla, estarei encantado de
guiarte e terías que comezar por subscribirte a rolda do equipo galego
de mozilla.

O resto de compañeiros iránte saúdando e aconsellando por onde comezar
e nalgúns casos falándoche do proxecto que eles coordinan e como
poderías axudar.

Saúdos.

2011/12/21 Susana Brandariz susana_branda...@hotmail.com:
 Saúdos

 Gustaríame colaborar axudando na tradución dalgún proxecto (Ubuntu,
 Gnome...) polo que acabo de subscrimirme á lista e estiven botando unha
 ollada á documentación da páxina, sobre todo á Wiki aínda que algunhas
 ligazóns están rotas.

 Non entendo moi ben se debo solicitar que se me asigne unha tradución que
 non estea feita, ou facer primeiro unha proba para ser admitida, ou me
 teño que unir a un grupo, ou é mellor que me poña en contacto co
 coordinardor...

 A miña formación é máis ben lingüística (licenciada en tradución e filoloxía
 inglesa), aínda que a informática interésame de sempre e por iso agora estou
 facendo un ciclo superior de fp.

 Agardo que me poidades orientar no seguinte paso que teño que dar. Grazas

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: COLABORAR COMO VOLUNTARIA

2011-12-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Como di Keko, o mellor é que empeces por colaborar na tradución dun proxecto 
de software que ti mesma utilices a cotío, de xeito que contextualizar as 
cadeas de texto te sexa máis doado.

Ti nomea un aplicativo que empregues e xa o seu coordinador se porá en 
contacto contigo para guiarte nos teus primeiros pasos.

Calqueira dúbida, mensaxe á rolda! Benvida :)
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: COLABORAR COMO VOLUNTARIA

2011-12-21 Conversa Antón Méixome
Benvida Susana,

Tamén pode axudar que digas en que entorno de software che interesa
traballar. Pode ser que che interese meterlle o dente precisamente a
aquilo co que estás pouco familiarizada, por exemplo en ambiente
Linux, en complementos, xogos ou en aplicativos de consola, que sei
eu!  Ninguén naceu aprendido e menos aínda nisto.

Traducir é un forma magnífica de aprender a fondo o manexo dunha peza
de software ou un proxecto de desenvolvemento e precisamente os
coordinadores de proxecto podemos botarche unha man alí onde falte a
túa práctica.

- aplicativos web
- sistemas operativos
- aplicativos especializados e/ou multiplataforma

En concreto, a suite LibreOffice que eu coordino está perfectamente
aberta e hai unha chea de traballo por todos os lados (viría moi ben
unha man especialmente coa web e o wiki)
http://gl.libreoffice.org/home/

Tamén, xa que o citas, a penas hai uns días se abriu o período para
traducir a vindeira Ubuntu (unha LTS, edición con asistencia de longa
duración). É un clásico para comezar polo doado que é comezar a
colaborar (a través de launchpad.net).

https://translations.launchpad.net/ubuntu/precise/+lang/gl

Gnome tamén está moi ben como proxecto, aínda que calculo se
necesite máis a axuda en KDE (temos o 100% de Gnome fronte a un 76% de
KDE actualmente).

Ademais están os propios sistemas de Trasno (web, wiki, etc) onde
tamén sería de agradecer algunha dedicación para sermos máis
accesibles e útiles, como ti ben que notaches.

:-D

Ti mesma, dinos algo e xa verás que axiña estás no choio.



2011/12/21 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Como di Keko, o mellor é que empeces por colaborar na tradución dun proxecto
 de software que ti mesma utilices a cotío, de xeito que contextualizar as
 cadeas de texto te sexa máis doado.

 Ti nomea un aplicativo que empregues e xa o seu coordinador se porá en
 contacto contigo para guiarte nos teus primeiros pasos.

 Calqueira dúbida, mensaxe á rolda! Benvida :)
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto