Descoñecía gradicela. Eis outra referencia
http://dubidasdogalego.wordpress.com/tag/gradicela/
On Dec 8, 2013 12:30 PM, "Antón Méixome" <cert...@certima.net> wrote:

> Despois de discutilo Bouzada e mais eu chegamos a esta proposta
>
> crossword - grid - clue
>
> encrucillado - gradicela  - definición
>
>
> Desbotamos
>
> grella, cruzado, cuadrilátero, cuadrícula, debuxo, diagrama,
>
> Resulta rechamante que ata hoxe non haxa unha palabra especializada
> con este valor. O dicionario RAG permite chamarlle ao debuxo dos
> cadros do xogo tamén "encrucillado" pero resulta totalmente impreciso
> para manexar un software de creación de encrucillados como o genxword.
> Pódese aceptar como sinónimo hiperónimo pero... "un encrucillado
> consta de dous elementos: cadros asociados en forma de liñas cruzadas
> que forman unha figura de encrucillado"?
>
> Por certo, este tipo de precisións deberían estar na definición da
> palabra "encrucillado" pero o que nos atopamos é que a definición do
> DRAG está "fortemente inspirada" na do DRAE (ou ao revés pero non
> creo) e como o orixinal non o fai, a RAG tampouco.
>
> Gradicela, trátase dunha palabra enxebre que se fai sinónima de malla,
> que está decaendo no seu uso e que resulta perfecta para a súa
> recuperación (reixa, enreixado, gradicela): un encrucillado é un xogo
> de palabras que consiste en encher coas súas letras unha gradicela que
> combina as palabras adecuadas suxeridas polas súas definicións
> cruzándoas de modo preciso no debuxo que forma a gradicela.
>
> De feito, resultaría tamén moi recomendable para todas as traducións
> do «grid» inglés en programas de deseño ou debuxo. Na nosa opinión
> debería dárselle prioridade antes que usar «grade»
>
> Definición non ten problema ningún e ademais xa se utiliza amplamente
> neste contexto.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a