Re: Un pequeno empuxón

2014-01-31 Conversa Miguel Bouzada
Eu, que manteño varios proxectos/traducións en .ts, emprego o seguinte
procedemento:

Fago unha primeira tradución co Virtaal.

Aproveitando que QT 4 Linguist permite ver as pantalla da interface (sempre
que teñas «todo» o proxecto en local e traballes no seu propio cartafol de
traducións - normalmente ../data/i18n-) reviso toda a tradución fixándome
especialmente nos atallos de teclado (as «Hot Keys» marcadas co «») a fin
de evitar erros de repetición.

Feitas as correccións oportunas volvo a abrir o ficheiro .ts co Virtaal,
fago un amago de corrección (algo como engadir un espazo na fin da primeira
cadea e volver eliminalo) e gardo a tradución.

Posteriormente converto o .ts a .po (podes facelo, como comenta Xosé, co Qt
4 Linguist) para a partires del facer a memoria TMX (
http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx) que despois lle paso a
@Leandro para que a inclúa na páxina de Trasno (
http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/)


2014-01-31 Xosé xoseca...@gmail.com:

 Eu cos .ts o que fago é abrilos co Linguist, gardalos como .po, traducilos
 co Localize e, finalmente, abrilos de novo co Linguist e gardalos como .ts.

 Xosé
 On Jan 31, 2014 1:12 AM, Xan Vieiro gallaec...@gmail.com wrote:

 Graciñas Enrique!

 O primeiro paso está dado. Teño instalado o Virtaal e o Lokalize. ¿Algún
 consello sobre os aplicativos?
 Nunha primeira ollada Virtaal semella un tanto arisco.

 Saúdos.


 2014-01-30 Enrique Estévez Fernández keko...@gmail.com:

 Ola Xan.

 Nesta páxina de Trasno hai unha guía para converter ficheiros de varios
 formatos a po e viceversa.


 http://wiki.trasno.net/Converter_traduci%C3%B3ns_preexistentes_desde_diversos_formatos_a_.po#Conversi.C3.B3n_de_traduci.C3.B3ns_preexistentes_en_formato_TS_.28Qt_Linguist.29_a_PO

 Semella que aquí tes o que precisas, para despois traballar con
 aplicativos que xestionan os .po e teñen recursos como tmx, tbx, corrector
 ortográfico, etc...

 Saúdos.


 2014-01-30 Xan Vieiro gallaec...@gmail.com

  Boas!
 Estou a traducir a interface do programa QGIS http://www.qgis.org/ ó
 galego. É algo que fago ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano
 pasado) de 'oínte' na Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós,
 amosástesme algunha das ferramentas coas que traballades e que me pareceron
 moi útiles (memorias de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións
 automáticas...). O proxecto emprega ficheiros 
 .tshttp://hub.qgis.org/projects/quantum-gis/repository/revisions/master/changes/i18n/qgis_gl.tse
  utilizo QtLinguist para traducilos. O programa é visualmente atractivo
 pero carece destas funcionalidades que, coido, son necesarias para darlle
 maior rigor e profesionalidade á tradución. É por isto polo que vos pido un
 pequeno empuxón para atopar un aplicativo que xunte estas características e
 que poida traballar con ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha
 conversión).
 Agradézovolo de antemán.
 Un saúdo.

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto




-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Trobador pódese consular como servizo web?

2014-01-31 Conversa Enrique Estévez Fernández
Boas.

Trobador ten algún servizo web implementado para chamalo desde local cun
aplicativo de escritorio. Se é así, como se pode chamar?

Saúdos.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Tradución do Telegram

2014-01-31 Conversa Martiño
Xa hai unha tradución completa do Telegram feita no 
github:https://github.com/DrKLO/Telegram/pull/53

Esta é a miña primeira mensaxe, perdoade calquera erro que cometa. Non sei como 
funciona o de responder á lista. Estou subscrito para ir vendo as novidades nas 
traducións, pero non acabo de entender como responder na lista, no fío que 
corresponde ou ao autor. Intentei responder dende a páxina de The Mail Archive, 
pero só obteño redactar un correo a este enderezo: 
mbouz...@gmail.com?Subject=Traduci%C3%B3n%20do%20TelegramIn-Reply-To=%3CCAGuSkjNgyrTqo9CWJMmfS22NwNUUT4Df%2BfCq0EHmzEo-%2BbpRiQ%40mail.gmail.com%3Eque
 supoño será un erro, así que probo desta maneira. 
--
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto