Eu, que manteño varios proxectos/traducións en .ts, emprego o seguinte
procedemento:

Fago unha primeira tradución co Virtaal.

Aproveitando que QT 4 Linguist permite ver as pantalla da interface (sempre
que teñas «todo» o proxecto en local e traballes no seu propio cartafol de
traducións - normalmente ../data/i18n-) reviso toda a tradución fixándome
especialmente nos atallos de teclado (as «Hot Keys» marcadas co «&») a fin
de evitar erros de repetición.

Feitas as correccións oportunas volvo a abrir o ficheiro .ts co Virtaal,
fago un amago de corrección (algo como engadir un espazo na fin da primeira
cadea e volver eliminalo) e gardo a tradución.

Posteriormente converto o .ts a .po (podes facelo, como comenta Xosé, co Qt
4 Linguist) para a partires del facer a memoria TMX (
http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx) que despois lle paso a
@Leandro para que a inclúa na páxina de Trasno (
http://www.trasno.net/memorias-de-traducion/)


2014-01-31 Xosé <xoseca...@gmail.com>:

> Eu cos .ts o que fago é abrilos co Linguist, gardalos como .po, traducilos
> co Localize e, finalmente, abrilos de novo co Linguist e gardalos como .ts.
>
> Xosé
> On Jan 31, 2014 1:12 AM, "Xan Vieiro" <gallaec...@gmail.com> wrote:
>
>> Graciñas Enrique!
>>
>> O primeiro paso está dado. Teño instalado o Virtaal e o Lokalize. ¿Algún
>> consello sobre os aplicativos?
>> Nunha primeira ollada Virtaal semella un tanto arisco.
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> 2014-01-30 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>:
>>
>>> Ola Xan.
>>>
>>> Nesta páxina de Trasno hai unha guía para converter ficheiros de varios
>>> formatos a po e viceversa.
>>>
>>>
>>> http://wiki.trasno.net/Converter_traduci%C3%B3ns_preexistentes_desde_diversos_formatos_a_.po#Conversi.C3.B3n_de_traduci.C3.B3ns_preexistentes_en_formato_TS_.28Qt_Linguist.29_a_PO
>>>
>>> Semella que aquí tes o que precisas, para despois traballar con
>>> aplicativos que xestionan os .po e teñen recursos como tmx, tbx, corrector
>>> ortográfico, etc...
>>>
>>> Saúdos.
>>>
>>>
>>> 2014-01-30 Xan Vieiro <gallaec...@gmail.com>
>>>
>>>>  Boas!
>>>> Estou a traducir a interface do programa QGIS <http://www.qgis.org/> ó
>>>> galego. É algo que fago ós poucos de forma 'artesanal'. Participei (o ano
>>>> pasado) de 'oínte' na Trasnada celebrada en Compostela e alí, algún de vós,
>>>> amosástesme algunha das ferramentas coas que traballades e que me pareceron
>>>> moi útiles (memorias de tradución, glosarios de terminoloxía, validacións
>>>> automáticas...). O proxecto emprega ficheiros 
>>>> .ts<http://hub.qgis.org/projects/quantum-gis/repository/revisions/master/changes/i18n/qgis_gl.ts>e
>>>>  utilizo QtLinguist para traducilos. O programa é visualmente atractivo
>>>> pero carece destas funcionalidades que, coido, son necesarias para darlle
>>>> maior rigor e profesionalidade á tradución. É por isto polo que vos pido un
>>>> pequeno empuxón para atopar un aplicativo que xunte estas características e
>>>> que poida traballar con ficheiros .ts (directamente ou a través dalgunha
>>>> conversión).
>>>> Agradézovolo de antemán.
>>>> Un saúdo.
>>>>
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation Projects»
http://www.documentfoundation.org/foundation/members
Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
http://galpon.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a