Hola compañeiros,

O Proxecto GNOME publicou esta tarde a nova versión de GNOME, a 3.22, con
moitas novidades. Como xa é costume no grupo de traducción de GNOME ao
galego mantemos o 100% da tradución.

Podedes instalalo polas canles habituais das vosas respectivas
distribucións Linux.

Se queredes saber os cambios máis importantes podedes ollar o artigo no
bloque de GNOME en trasno.gal.

http://gnome.trasno.gal/2016/09/21/publicamos-o-novo-gnome-3-22-en-galego/

ou se tedes uns minutos tamén podedes visitar as notas de publicación
oficiais, tamén traducidas ao galego

help.gnome.org/misc/release-notes/3.22/

Agradécese que poidades compartir a nova nas redes sociais.

Mañá mesmo publicaremos os ficheiros das memorias de tradución para esta
publicación, tamén en gnome.trasno.gal.

Saúdos,
Fran D.
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a