Re: Mozilla 1.0, en galego

2002-06-07 Conversa Fco. Vázquez
O Wed, 5 Jun 2002 20:14:52 +0200
Jacobo Tarrio jtar...@trasno.net escribeu:

  Acaba de publicarse Mozilla 1.0 (http://www.mozilla.org/). Ao mesmo tempo
 publicáronse as tres primeiras traduccións dispoñibles para esta versión
 deste navegador: galego, asturiano e chinés tradicional, aínda que se espera
 que nos próximos días haxa máis idiomas dispoñibles.
 
  Coma sempre, o paquete de traducción de 1.0 está na sección de Aplicacións
 da nosa web: http://www.trasno.net/
 
  Que o desfrutedes :-)

Gracias, moitas gracias.

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: un divertimento para ¿DDE?

2002-05-22 Conversa Fco. Vázquez
Ola a todos.

Manuel, despois de le-la tua mensaxe entendo máis ou menos o que
plantexas, e tentarei da-la __miña opinión__ con respecto ó do apoio do
trasno. 
Creo de de sair adiante a proposta que fas o trasno deberia
apoiala, porque precisamente unha das vantaxes do sw libre é que pode
estar doadamente adaptado a calquera lingua e imaxino que sería ese
precisamente un dos pilares principais da campaña. O que non teño claro
é o tipo de apoio que debería dar, refirome a que non debe ser un
proxecto pechado ó trasno, senon algo máis global que é apoiado por
outros proxectos(Trasno, G21, ...). Trasno podería promociona-la campaña
e incluso traducir algun documento propagandístico, pero non creo que
encaixara esto como un subproxecto integrado no Trasno. Nembargantes ese
proxecto si que poderia facer por promocionar Trasno.

Pola miña parte so che quero decir que che dou todo o meu apoio
emocional, porque non vexo de que outro xeito podería participar en
semellante iniciativa, ben se ve nesta mensaxe que o meu non é nin a
dialéctica nin a filosofia. Non me vexo en condicións de escribrir
textos para convencer a ninguén do uso do SW libre cando eu mesmo teño
opinións enfrentadas sobre ese tema.

Saudos a todos e sorte.


O 20 May 2002 14:26:54 +0200
Manuel A. Fernández Montecelo man...@sindominio.net escribeu:

 ola xentiña:
 
 é ben sabido (e practicado) que precisamente nas épocas de exames é
 cando mais te pos con parvadas que non deberías facer e todo iso..
 pois ben, deume por matinar e creo que xa é tempo de comezar a facer
 algo sobre o tema da última mensaxe (minus SPAM, claro X).
 
 de feito, mandei a mensaxe a ver se producía algún tipo de reacción
 (xa supoñía que a maioría de vós coñecía o tema), e parece evidente
 que non me fixestes nin caso. a, onde irán os tempos nos que tanto
 nos divertíamos mandando montóns de mensaxes co da normativa polo
 medio? ou será precisamente que só nos movilizamos con ese tema
 morboso? :bbb

A normativa oficial é unha merda, as outras son merda tamen :-P  X-D

 nfins.. non temades que non vai por aí. a ver, primeiro que DDE é un
 acrónimo que usamos con frecuencia Suso e mais eu -seguramente máis
 xente-, que significa Despois Dos Exames. póñoo entre interrogantes
 por se alguén de súpeto apaña unhas gañas tolas e non pode deixalo
 para despois, anque o dubido X)

 logo, o tema vai de impulsar unha proposta semellante desde aquí (por
 se aínda non percebestes.. refírome á de Softcatalà -por dicir unha
 das múltiples iniciativas do xénero- co de soft libre para a
 administración pública: http://www.softcatala.org/admpub/).
 
 cando digo semellante refírome a que non é a típica conversa flameando
 a M$ nin á conferencia de frikis nalgunha party ou no HispaLinux,
 senón que incluiría desde posicións éticas e filosóficas da
 administración(estilo o do Perú, http://www.gnu.org.pe/rescon.html), a
 cuestións económicas, educativas.. e tamén lingüísticas.

 como se faría todo isto? pois contar cuns cantos textos centrados
 nestas áreas (para o que se poden incluír/reconstruír/reciclar/...
 textos que xa teñamos feito con outros propósitos), encadealos uns con
 outros e formar un sitio web da campaña, con outras cousas como pode
 ser unha lista de correo específica ou o que sexa.
 
 e a partir de aí comezariamos a desenvolver a campaña: meter
 publicidade en sitios visibles, organizar xornadas ou debates, falar
 con xente responsable destas áreas nas administracións.. etc.
 
 obviamente non quero definir proxectos xa, senón lanzar a idea para
 que comentedes, vos unades, *e tamén* reenviedes a outros sitios onde
 poida ser de interese.. etc.
 
 e amais diso, especificamente para Trasno: anque non queirades
 participar activamente, gostaría de saber se Trasno como grupo o
 apoiaría, tanto oferecendo recursos telemáticos (basicamente web e
 listas de correo, anque é sinxelo conseguilas en calquera lado é pola
 idea de integrar a idea en Trasno) e/ou de patrocinar (asumir e
 promocinar) a campaña.
 
 pois xa está, a ver se me facedes algo de caso e contestades.. anque
 namais sexa para dicir que pasades do tema e que Trasno non debería de
 meterse no tema ;)
 
 
 PD: sóame de que hai tempo xa lera algo deste estilo de ámbito galego,
 o que non lembro é se era un comezo de campaña, tan só un texto.. ou
 se se me foi a bola O:) alguén sabe?
 
 PD2: como dixen antes, pediría que redirixísedes a sitios onde poida
 interesar. é probable que xente á xente de pex GPUL ou G21 lle
 interese anque só sexa estar informada, e deixo a decisión nas vosas
 mans. tamén é que non estou suscrito a ningunha outra lista desas, así
 que*incluídeme no CC* se se dá o caso ;)
 
 PD3: soft libre == free software != open source, imaxino que para a
 maioría da xente que lea isto xa ten isto claro dabondo :)
 
 
 aburinho!!
 
 _
 ___ Manuel A. Fernández Montecelo man...@sindominio.net
 
 GnuPG pubkey: