¿Hai alguén con paquetes en paro?

2002-07-11 Conversa xabigf
Só escribo para saber se hai alguén que teña algún paquete por traducir en paro 
de Gnome2 ou que
non teña tempo para rematalos. É que na sección de Gnome só quedan libres 
paquetes de pouca
importancia, e apetéceme traducir ou axudar con outros. Graciñas.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Ola

2002-06-26 Conversa xabigf
On Thu, 27 Jun 2002 00:07:34 +0200
Pedro Suárez pedro.wo...@terra.es wrote:

 Ola, non sei se recibíchedes o outro mensaxe e por iso vos escribo de novo. 
 Preguntábavos quén era o encargado de subilos arquivos traducidos ó CVS, por 
 que xa teño case acabados o kdeartwork e o kaddressbook. E se teño que 
 subilos eu, decídeme unha maneira de facelo dende windows, xa que non podo 
 acceder a internet dende Linux por culpa do módem. Moitas gracias
 Un saludo
 

Depende do que traduzas, para KDE ponte en contacto con Aljeandro Pose (como 
ven na páxina mesma)

lod...@gpul.org
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Encoding

2002-06-24 Conversa xabigf
Ás veces (non sei por qué) o emacs pídeme antes de gardar que especifique o 
tipo de encoding. 
¿Cal hai que dar? (o iso-8859-1 non funciona, e os outros que probei parece que 
non entenden
os caracteres con acento nin as ñ). Gracias.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Subíndices

2002-06-19 Conversa xabigf
¿Sabedes se os subíndices do tipo

msgid Cent_ered

aparecen despois na interfaz como letras de acceso directo ? Porque se é así 
haberá que andar 
con coidado de non repetir a mesma letra de acceso directo dentro dun mesmo 
entorno, ¿non?.

Xa me topei cun bache máis, vaia enredo.
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe