[Artigo na Wikipedia] Licenza dos contidos de trasno.net

2009-05-21 Conversa Adrián Chaves Fernández
Estou intentando completar e adaptar ao formato wikipédico o máis posible o 
artigo da Wikipedia. Vexo que algúns dos trasnegos xalle botáchedes unha man 
(vexo que o iniciou Leandro e posteriormente colaborou Miguel Branco).

Podería haber algún problema de licenzas porque algunha parte do texto estea 
copiada completamente do P+F (FAQ) de trasno.net?


Re: [Artigo na Wikipedia] Licenza dos contidos de trasno.net

2009-05-21 Conversa Miguel Branco

 Podería haber algún problema de licenzas porque algunha parte do texto
 estea copiada completamente do P+F (FAQ) de trasno.net?
penso q non, en absoluto

agora, que eu que xa levo tempo por aquí non me atrevín a botarlle man en 
serio ó artigo xq descoñezo como foi _realmente_  a  xénese de trasno e moita 
da información da wiki está claramente desactualizada. Só che aconsello non 
facer adaptacións libres do que poña na wiki e menos dar detalles de 
discusións actuais da lista. 


Re: [Artigo na Wikipedia] Licenza dos contidos de trasno.net

2009-05-21 Conversa Leandro Regueiro
2009/5/21 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  Podería haber algún problema de licenzas porque algunha parte do texto
  estea copiada completamente do P+F (FAQ) de trasno.net?

 penso q non, en absoluto

 agora, que eu que xa levo tempo por aquí non me atrevín a botarlle man en
 serio ó artigo xq descoñezo como foi _realmente_  a  xénese de trasno e
 moita da información da wiki está claramente desactualizada. Só che
 aconsello non facer adaptacións libres do que poña na wiki e menos dar
 detalles de discusións actuais da lista.

 Vale, quitarei o da discusión da lista.

Eu tampouco sei como comezou a cousa, quitando o que me contaron e o
que se pode ler na wiki de Trasno, e nalgún outro documento que rula
ou rulou pola rede.

Ata logo,
   Leandro Regueiro