Olá,

pois que despois de ver os últimos screencasts do Shafforo, e aproveitando que 
respondeu a outro erro que lle enviara, pois deille outro tento ao Lokalize... 
e que ostia, moito avanzou.

A ver, pois que me mete termos do XLIFF polo medio (lóxico, é a onde quere 
levar o programa). Estas son as dúbidas:

-Roles:
  - Translator -> Tradutor
  - Reviewer -> Crítico (?)
  - Approver -> ????????? (Autorizador/Aprobador) (*)

-Binary units ->  Unidades de tradución binarias (?)


* Prefiro non facer referencia a «aprobar» na tradución deste cargo porque 
xurde un conflito: Con gettext, quen lle quita a marca de dúbida á mensaxe, 
pásaa ao estado final, en xliff pódense definir fases, cada unha delas realízaa 
un cargo/papel/rol, e a cuestión é que para que unha mensaxe se sinale como 
apta para a seguinte fase hai un botón, que por desgraza leva o mesmo texto 
con independencia do papel da persoa no procedemento de traballo: aprobada.

Como está a cousa en outros programas?

Responderlle a