Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-21 Conversa mvillarino
O Luns 20 Outubro 2008 21:52, Miguel Branco escribiu:
> > Ao parecer ampliouse o prazo de presentación de propostas unha semana.
>
> Pois non, quixen rexista-lo fai un pouco e xa non me deixou. mérde!
Téntao o día 22
-- 
Best regards,
MV


Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa Miguel Branco

> Ao parecer ampliouse o prazo de presentación de propostas unha semana.

Pois non, quixen rexista-lo fai un pouco e xa non me deixou. mérde!


Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa Miguel Branco

> Advírtoche que á parte de borde son un tocapelotas, polo que de ser
> admitida xa podes ir preparándote, son __moi__ esixente cos resultados
> que agardo do meu traballo...

ui!, espero estar á altura logo, :) . En serio, o de que eras un pouco borde 
xa o sabía, o de tocapelotas... tereime que afacer á idea. Aviso de que son un 
pouco chambón pra algunhas cousas; así q, si, é probable que che vaian dar 
ganas de me dar un par de 'collejas', hehe. 

(=apúntote coma coautor


Re: Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa mvillarino
> Estiven pensando que como me parece previsible que haxa poucas presentacións
> rexistradas (cubrín eu onte esa da que falei e asignaronlle ID:5) e pola xente
> que hai rexistrada de momento (ie. hai algún estudante de culleredo) que igual
> non era mala idea rexistrar tamén un obradoiro de tradución de software (e de
> paso xa que Marce vai, poñelo de co-autor do asunto, :) ).

Se non queda outra, vale. Pero non pode ser o venres á tarde, aínda
que teño pendendes uns días de vacacións non teño garantido poder
coller ese día.
Advírtoche que á parte de borde son un tocapelotas, polo que de ser
admitida xa podes ir preparándote, son __moi__ esixente cos resultados
que agardo do meu traballo...

> Se non me engano hoxe é o último día, así que á noite cando veña do choio
> rexístroo (q fai falta reclutar xente prá secta, LOL).

Ao parecer ampliouse o prazo de presentación de propostas unha semana.


Akademy-es: rexistro obradoiro de localización?

2008-10-20 Conversa Miguel Branco

Estiven pensando que como me parece previsible que haxa poucas presentacións 
rexistradas (cubrín eu onte esa da que falei e asignaronlle ID:5) e pola xente 
que hai rexistrada de momento (ie. hai algún estudante de culleredo) que igual 
non era mala idea rexistrar tamén un obradoiro de tradución de software (e de 
paso xa que Marce vai, poñelo de co-autor do asunto, :) ). 

Se non me engano hoxe é o último día, así que á noite cando veña do choio 
rexístroo (q fai falta reclutar xente prá secta, LOL).