Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Angela Souto
Ola:
Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
Un saúdo.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Miguel Bouzada
@Angela
Benvida, deixo que os de Suse respondan e che conten como están a
traballar, senón pois xa falaremos de Debian e de proxectos independentes
do S.O.

2011/11/15 Angela Souto vieit...@gmail.com

 Ola:
 Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
 éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
 Un saúdo.

 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Oscar Carballal Prego
El Mar, 15 de Noviembre de 2011, 11:24 am, Angela Souto escribió:
 Ola:
 Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
 éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
 Un saúdo.

Ola Angela,

Moitas grazas por querer participar no proxecto. Agora mesmo a aplicación
en sí está traducida, pero aínda falta traducir a documentación ao galego,
se queres podes facelo.

Non sei se estás acostumada a usar aplicativos de desenvolvemento como GIT
ou sphinx, se non podo explicarche outras maneiras de facer a traducción
sen ter que empregalos.

A outra parte na que precisamos axuda é no desenvolvemento, no que
empregamos Python e Django, se tes coñecementos tamén agradeceríamos a túa
colaboración.

O repositorio de código (onde está tamén a documentación) é
http://github.com/cidadania/e-cidadania

Calquera dúbida que teñas non dubides en contactarme.
Un saúdo

--
Móbil: (34) 620-734766 | oscar.carbal...@cidadania.coop
Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas 5-1º esq.
15.703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno.: (34) 981-589269 | www.cidadania.coop

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Leandro Regueiro
2011/11/15 Angela Souto vieit...@gmail.com:
 Ola:
 Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero
 éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes.
 Un saúdo.

Ola e benvida.

Antes de nada coméntoche que a maioría do software que está dispoñible
nunha distribución non se traduce no proxecto de tradución desa
distribución, senón nos proxectos particulares de cada un deses
softwares. No caso particular de openSuse traduciriase basicamente
YaST e varios programas máis, pero non LibreOffice, nin KDE, nin
GNOME.

Para reservar, obter e enviar de volta os ficheiros que hai que
traducir empregamos a ferramenta web Vertaal:
http://www.vertaal.com.ar/ Polo tanto tes que crear unha conta e
enviarnos o teu nome de usuario para que te poidamos incluír no equipo
do galego.

Cando xa formes parte do equipo de tradución de openSuse ao galego
poderás reservar e descargar os ficheiros de tradución en
http://www.vertaal.com.ar/files/factory/gl/list/ O normal será
escoller un que non estea reservado xa e ao que lle queden cadeas por
traducir.

Unha vez descargados os ficheiros que se queiran traducir empregamos
diferentes programas para traducir estes ficheiros (eu persoalmente
emprego o Lokalize, aínda que hai varios outros perfectamente válidos
como poden ser Virtaal, Poedit, Gtranslator...).

Unha vez traducidos os ficheiros (parcialmente ou totalmente) os
ficheiros envíanse empregando o formulario que hai ao comezo de
http://www.vertaal.com.ar/files/factory/gl/list/ En caso de enviar
varios ficheiros é máis cómodo empaquetalos nun tar.gz para non andar
enviando os ficheiros un a un.

Antes de que me esqueza, para comunicarnos empregamos esta rolda de
correo, así que se tes algunha dúbida, por parva que che pareza, envia
unha mensaxe para que che poidamos axudar canto antes.

Asumín que xa sabes algo sobre como traducir porque ando algo apurado
hoxe. Se non é así, perdóame e non dubides en dicilo para que che
resolvamos as túas dúbidas o antes posible e poidas colaborar.

Deica
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Oscar Carballal Prego
Perdón polo mail anterior, xogoume unha mala pasada o correo ao non
identificalo como correo da lista, e respondín como se fose un correo
privado.

Atentamente,
Oscar Carballal Prego

--
Móbil: (34) 620-734766 | oscar.carbal...@cidadania.coop
Cidadania S. Coop. Galega
Corredoira das Fraguas 5-1º esq.
15.703 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tfno.: (34) 981-589269 | www.cidadania.coop

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Entrar no Grupo de traballo

2011-11-15 Conversa Miguel Bouzada
@Angela
Estarás na UVigo por casualidade?
estes días imos organizar dous equipos de traballo na FFT, coméntocho por
aquelo de que eu estou nela acotío e é máis doada unha titorización para
que comeces mais paseniñamente.

2011/11/15 Oscar Carballal Prego oscar.carbal...@cidadania.coop