2011/11/15 Angela Souto <[email protected]>: > Ola: > Gustaríame botar unha man coa traducción. Eu utilizo o OpenSuse 11.4 pero > éme un pouco igual en que parte colaborar. Vós diredes. > Un saúdo.
Ola e benvida. Antes de nada coméntoche que a maioría do software que está dispoñible nunha distribución non se traduce no proxecto de tradución desa distribución, senón nos proxectos particulares de cada un deses softwares. No caso particular de openSuse traduciriase basicamente YaST e varios programas máis, pero non LibreOffice, nin KDE, nin GNOME. Para reservar, obter e enviar de volta os ficheiros que hai que traducir empregamos a ferramenta web Vertaal: http://www.vertaal.com.ar/ Polo tanto tes que crear unha conta e enviarnos o teu nome de usuario para que te poidamos incluír no equipo do galego. Cando xa formes parte do equipo de tradución de openSuse ao galego poderás reservar e descargar os ficheiros de tradución en http://www.vertaal.com.ar/files/factory/gl/list/ O normal será escoller un que non estea reservado xa e ao que lle queden cadeas por traducir. Unha vez descargados os ficheiros que se queiran traducir empregamos diferentes programas para traducir estes ficheiros (eu persoalmente emprego o Lokalize, aínda que hai varios outros perfectamente válidos como poden ser Virtaal, Poedit, Gtranslator...). Unha vez traducidos os ficheiros (parcialmente ou totalmente) os ficheiros envíanse empregando o formulario que hai ao comezo de http://www.vertaal.com.ar/files/factory/gl/list/ En caso de enviar varios ficheiros é máis cómodo empaquetalos nun tar.gz para non andar enviando os ficheiros un a un. Antes de que me esqueza, para comunicarnos empregamos esta rolda de correo, así que se tes algunha dúbida, por parva que che pareza, envia unha mensaxe para que che poidamos axudar canto antes. Asumín que xa sabes algo sobre como traducir porque ando algo apurado hoxe. Se non é así, perdóame e non dubides en dicilo para que che resolvamos as túas dúbidas o antes posible e poidas colaborar. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

