Re: hunspell-gl

2010-06-06 Conversa Miguel Solla
Se quixeches entender, entendiches. 8)

2010/6/6 Antón Méixome cert...@certima.net



 2010/6/6 Miguel Solla brado...@gmail.com

 Se non queres comerte moito a cabeza, facer un .oxt é tan fácil como coller
 o de mancomun, renomealo a .zip, descomprimir, mudarlle os arquivos .aff e
 .dic polos novos, comprimir a .zip, mudarlle a extensión a .oxt e
 distribuír. Tampouco debería ser moi difícil elaboralo de cero con netbeans
 e o OOo api plugin.
 Sigo estando en desacordo con que se eliminasen as grafías. ;)


 Home si,

 O que non teño claro é se esa maneira de chafullar será motivo de cartón
 vermello directo :-)





 2010/6/6 Antón Méixome cert...@certima.net



 2010/6/6 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

 Bueno, estiven algo atarefado, pero hoxe tiven tempo para aplicar o
 falado na
 lista de correo.

  Apliquei os parches que me mandou Solla de correccións nas formacións
 verbais (gústame isto dos parches).

  As letras que non forman parte do alfabeto galego non están incluídas.
 Porén, as palabras presentes no VolGa que as utilizan seguen sendo
 completamente válidas.

  Engadidas ao gl.dic as palabras: gray, becquerel, estereorradián e
 katal.
 Asemade, á unidade «henry», que xa estaba presente, lle engadín a forma
 plural.

  Agora o corrector dá por válido °, que ademais de utilizarse ─como
 forma
 alternativa─ para escribir °C, utilízase para escribir graos de ángulos
 (por
 exemplo: 90°).

  Asemade, engadín o signo de puntuación «─», que ata agora estaba como
 incorrecto. É o que utilicei no parágrafo anterior, e escríbese na
 disposición
 de teclado «es» mediante a combinación de teclas «Alt Gr + Maiús + ,».
 Asumo
 que é o carácter unicode correspondente a dita función. Se non o é, que
 alguén
 mo indique (e a poder ser que me indique tamén cal é o correcto para
 dita
 función, pois teño claro que non é o guión «-»).

  Engadido queda tamén o símbolo da suma (+), que non é raro de ver nun
 texto
 corrente, así coma o símbolo de igual (=).

  Engadidos os símbolos internacionais de linguas: ar, br, ca, cy, da,
 de, el,
 eo, es, eu, fi, fr, gl, it, ja, ko, la, nl, oc, pt, ro, ru, sv, zh.

  Engadíronse todos os símbolos monetarios internacionais listados en
 «http://www.xe.com/iso4217.php». Engadíronse tamén os comentados por
 Antón de
 antigas moedas europeas.

  Non engadín ningunha abreviatura de materia nin de nada (e estou
 pensando en
 “comentar” as que xa están presentes) dado que o corrector ignora o
 punto á
 hora de corrixir, polo que as dá como malas aínda que estean presentes
 no
 gl.dic. Descoñezo se existe unha solución para isto (aparte de que pode
 que
 engadindo o punto á variable WORDCHARS quizais por consola os trague o
 corrector). Non sei se isto se podería solucionar co uso de regras de
 composición (COMPOUNDRULE, e outras), pero de momento non atopei ningún
 exemplo deste tipo de regras ao que botar mano para entendelas. A
 documentación do hunspell deixa bastante que desexar, a verdade.

 E agora a outras cousas. É unha mágoa non saber como solucionar o do
 punto das
 abreviaturas (sen ter que dar por boa a abreviatura sen punto). A ver se
 algún
 de vós sabe ou se lle ocorre como facelo.



 Tedes os ficheiros en http://karalladas.co.nr/hunspell-gl (collédeos
 antes de
 que me quiten o dominio ;).


 Vou facer unha cousa e tampouco pido permiso para facela :-)

 Subo estes ficheiros (grazas Adrián) ao blog de openoffice; crearei unha
 sección sobre o corrector e así estarán nun lugar lóxico e accesible. Tamén
 engadirei os que están agora activos oficialmente así como da modificación
 inicial de Miguel Solla.

 Meterei tamén nesa sección outros complementos e utilidades lingüísticas
 que teñan que ver con OOo.org. Só coa finalidade de ordenación porque senón
 dentro de 6 meses non hai quen se aclare.

 Entre as cousas que teño previstas está tamén o empaquetado mediante un
 .oxt para a instalación do corrector sobre unha versión que non sexa nativa
 en galego.

 @Adrián @Solla
 En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
 que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que sería
 moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún artigo
 ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que sabemos,
 cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós sabedes. Eu
 non)

 Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 

Re: hunspell-gl

2010-06-06 Conversa Antón Méixome
2010/6/6 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com

  @Adrián @Solla
  En primeiro lugar, grazas por traballar nisto. Debido ao enorme problema
  que significa non dispoñer de documentación sobre o hunspell creo que
  sería moi útil que fixerades algo ao respecto. Por exemplo, creando algún
  artigo ou documento que se puidese seguir para principiantes (cousas que
  sabemos, cousas que non, roldas e persoas involucradas, regras, ... vós
  sabedes. Eu non)
 
  Só teriades que aceptar a licenza para contidos do blog (CC by-sa)

 Facer unha documentación para que as persoas poidan comprender os
 “instrumentos” do Hunspell utilizados no hunspell-gl non é tarefa difícil,
 mesmo podo facelo eu. Cun par de parágrafos calquera persoa pode ler o .aff
 e
 engadir ou quitar vocabulario do .dic.


Nada é obvio en por si. Se se explica mellora tamén a calidade dos que
poidan colaborar: menos medo e colaboracións máis produtivas.


 Agora si, o que está feito no .aff de
 sufixación verbal paréceme moito para entendelo, e por tanto moito para
 explicalo ─vamos, que se alguén quere editar sobre o traballo de Miguel fai
 falla estudalo ben a fondo, eu nin o intentarei mentres poida evitalo :)─.


Se Miguel é xa un mestre nese tema é porque lle dedicou moitísimas horas e
rompeu a cabeza con iso. Probablemente lle tería sido máis levadeiro de
contar con documentación, aínda que fose en galego :-D. Cousa que me
preocupa pensando no futuro, xa que ningún dos que traballaron nisto a
produciron ata agora. Mesmo con documentación a cousa non é ningunha broma.
De aí a miña insistencia.



 Este verán, en canto remate os exames, a ver se consigo algunha vía de
 comunicación rápida cos desenvolvedores do Hunspell (espero que teñan
 algunha
 canle IRC). A pesar de ser unha boa aplicación nótolle certas carencias, xa
 non só o das suxestións con varias palabras, ou o das abreviaturas. A ver
 se
 falando con algún dos desenvolvedores ou dos que utilizan a tecnoloxía podo
 descubrir algún xeito alternativo ─truco─ para solventar ditas carencias.


Pásate por BrOffice.org, que co seu Vero (de verificador) xa teñen
corrección de palabras con prefixos e outras cousas que aquí andamos a
buscar.



 En fin, Antón, se no blogue podes colgar os ficheiros separados (ademais
 dos
 paquetes para o OpenOffice) se cadra o podemos utilizar como servidor
 principal (vamos, como referencia, «a última versión é a do blogue»), e os
 cambios podemos enviarchos mediante parches previa discusión na rolda.

 Podedes contar con iso. Xa se está facendo. E, como coordinador volo digo,
tamén vos podedes dar de alta e facervos editores neste aspecto no blog que
xestiono.
Sobre as futuras melloras puntuais seguramente sería conveniente tirar do
Redmine (sistema de tiques) que para iso está. Outra cousa é presentar
materiais con vistas aos usuarios e como arquivo. Naturalmente estou poñendo
o carro diante dos bois porque eu non xestiono o Redmine nin ningún dos
recursos de Trasno.


 E o da documentación sobre o Hunspell, pois non me importaría facer unha
 que
 polo menos ocupase as partes do Hunspell utilizadas no hunspell-gl. Pero
 coido
 que sería mellor formato un wiki. O mesmo me dá utilizar o de Trasno que o
 do
 Galilibros (aínda que por non ser algo ligado directamente á tradución,
 case
 preferiría este último, que ademais ben lle veñen os contidos).


Como vexas. O proxecto de galeguización de OpenOffice.org abrangue tanto a
localización como a creación e xestión de recursos lingüísticos que sexan
útiles. Se o metes nunha wiki, ligarei os contidos cando corresponda.
Aproveito para dicir que estou creando-probando unha versión beta dun
dicionario de sinónimos con vistas á versión 3.3. O obxectivo é ter un
dicionario de sinónimos para unhas 15000 palabras frecuentes. Nunca antes.



 Un saúdo!



 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: hunspell-gl

2010-06-02 Conversa Miguel Solla
Se é así é tan fácil como recoller ese único carácter e introducilo no
dicionario.

2010/6/2 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com

  O de graos centígrados (°C) funciona perfectamente, só que símbolo que
 hai
  antes do C (U+00B0) eu non sei escribilo co teclado, pero creo que é o
  correcto.
 
  Alt Gr + Maiús + 0 = ° (polo menos en GNU/Linux).

 Resulta que ℃ é un único caracter e non dous. O que di Adrián si
 funciona, pero nese caso habería que poñer dous caracteres, o que
 serviría para representar os graos Celsius, pero non co símbolo único
 que propoñen en Unicode.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: hunspell-gl

2010-06-02 Conversa Leandro Regueiro
 O de graos centígrados (°C) funciona perfectamente, só que símbolo que hai
 antes do C (U+00B0) eu non sei escribilo co teclado, pero creo que é o
 correcto.

 Alt Gr + Maiús + 0 = ° (polo menos en GNU/Linux).

 Resulta que ℃ é un único caracter e non dous. O que di Adrián si
 funciona, pero nese caso habería que poñer dous caracteres, o que
 serviría para representar os graos Celsius, pero non co símbolo único
 que propoñen en Unicode.

Pasóuseme, o carácter único é U+2103. Se queredes Fahrenheit usade U+2109.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto