A todos os subscriptores de tra...@ceu.fi.udc.es acabo de os subscribir á
lista proxecto@trasno.net.

 Procurei eliminar os duplicados, pero, de tódolos xeitos, comprobade se
recibides esta mensaxe dúas veces.

 A lista proxecto@trasno.net está aberta para que calquera poida publicar,
pero ten diante varios filtros de spam. Se alguén envía unha mensaxe e,
despois dunhas horas, non chegou, que avise a proxecto-ow...@trasno.net para
que eu a desbloquee.

 Se alguén non quere figurar nesta lista só ten que mandar unha mensaxe a
proxecto-unsubscr...@trasno.net para se des-subscribir.

 Agora hei pedir que bloqueen a lista vella.

-- 
   Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Responderlle a