Re: Skype

2009-02-22 Conversa Antón Méixome

Adrián Chaves Fernández escribiu:

Alguén utiliza Skype en gnu/linux. Estou acabando de traducilo e
gustariame compartilo. Xa sei que non é software libre pero eu utilízoo.

Antón

Eu! Utilízoo máis que nada porque os meus amigos son preguiceiros de máis pra  
instala-lo Ekiga (abrir portos e esas cousas). Avisa cando o teñas!

Un saúdo!
  
Ola Adrián.

Aí che vai. Se encontras algo que corrixir, avísame.

En Ubuntu, hai que metelo en

/usr/share/skype/lang

E logo renomear os ficheiros como se fosen doutro idioma, por exemplo

skype_ro.ts
skype_ro.qm

Porque Skype non colle un novo idioma de modo automático. Se a 
tradución está ben intentarei enviarlla aos de Skype para que metan o 
galego como opción para a versión de Linux.

Antón Méixome

P.S.
Bué, hoxe parece que estou de sorte, ata me comezou a funcionar a cámara 
web con el (unha microdia).
Se alguén de Trasno considera que non se debe empregar a lista para 
traducións que non son software libre que o diga, por favor.

skype_gl_es.qm
Description: Binary data

skype_gl_es.ts
Description: application/linguist

Update, upgrade et al.

2009-02-22 Conversa Marce Villarino
Boas,
xa sei que se ten falado xa disto na lista, pero vós tamén sabedes que a miña 
xestión do correo electrónico é mediocre, no mellor dos casos.

Poderíadesme (foder co hunspell, márcama como incorrecta) reenviar o fío onde 
se falaba disto, en particular a mensaxe de Jacobo Tarrío. Grazas.

Xa postos, saberedes que Google mercou unha fábrica de papel da compañía Stora 
Enso en Finlandia (dise que o moíño de Summa, aínda que Stora ten outras -
bastantes- instalacións pechadas polo norte de Europa), para levar para aló un 
centro de datos. Motivo? aforros de custos: en consumo eléctrico e de 
mantemento en aire acondicionado, en factura eléctrica (hai nucleares perto) e 
tal vez en custos salariais, o despido en Finlandia sae por dous ras (reais).

Fwd: Update, upgrade et al.

2009-02-22 Conversa Marce Villarino

--  Forwarded Message  --

Subject: Update, upgrade et al.
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: Domingo 22 Febreiro 2009
From: Marce Villarino mvillar...@gmail.com
To: proxecto@trasno.net

---