Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] nomes dos sitios

2006-11-06 Conversa arribi

Ola Daniel:

A verdade é que o debate dá para moito. O que nós temos definido na guía 
de estilo de mancomun.org é o seguinte:


Os nomes propios de lugar, en principio, non se traducen. No entanto, 
algúns topónimos que se empregaban con frecuencia desenvolveron 
tradicionalmente en galego unha forma adaptada que é aconsellable 
manter. i.e: A Habana, Castela, Nova York.


Saúdos.

J. Arribi



Daniel Muñiz Fontoira wrote:

Ola a todos:
Quería abrir un debate sobre a conveniencia de inventar nomes.
Pois resulta que escoitando tanto nome que me fai dano nos ouvidos 
quería comentar isto.
Na miña opinión os nomes non se traducen, e traducilos o único que fai 
é xustificar que se xustifique a traducion nos da nosa comunidade. Por 
lei en españa Ourense é Ourense en Pontevedra e en Melilla. Por outra 
banda e deixando a lei para min ten sentido, simplifica, e evita 
confusións.
Xa non vou ir ao estranxeiro, pero porse a chamarlle a Castilla La 
Mancha Castela A Mancha non fai mais que xustificar o La Coruña, El 
Grove, El Burgo...
Isto de inventar nomes na miña opinión só trae confusión ademais o 
galego permite o uso de iota para palabras estranxeiras (por exemplo 
Jetafe) e tamén permite o uso sonoro do iota ghato. Non ten 
sentido traducir nomes para un idioma que todos os galegos coñecen. 
Ademais os nomes propios entendo que non se traducen, pensemos en 
Xavier, Jordi, Xaime, Xulia...
Máis argumentos, que eu saiba en ningún medio de comunicación vin 
escrito Xurxo Arbusto, nin Miguel Campovello... ¿aguen si? en caso 
afirmativo pensan que é o correcto
A min o de sempre se dixo (fixo así) non me vale, xa que se sempre 
fixen algo dun xeito e podo facelo mellor prefiro aprendelo mellor.
Gostaríame saber que motivos hai para usar a tradución. Só pido 
coherencia e se se traducen nomes propios haberá que facelo con todos 
(¿non?).
Por outra banda pensemos nas vantaxes de usar o nome autentico, ¿non 
sería mais universal? ¿o galego sería menos galego? a resposta a esta 
ultima para min é que non, todo o contrario, O Grove sería O Grove, en 
Ourense e en Cádiz.

En fin...
Espero crear polemica (da san, claro)
Saudos




 
--


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
/Eu uso software libre http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html/


___
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
  


___
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno


Re: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego]

2007-06-12 Conversa arribi
Ola Leandro:

Até onde eu sei, e copio da galipedia, o Termigal está estabelecido coma un
proxecto do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP)
e dentro do Seminario de Lexicografía da RAG.

Saúdos.

J. Arribi

 Ata certo punto, o que vexo é que cadaquen vai á súa bola. O Termigal
 por un lado, a RAG polo outro, e nós intentando atopar saber quen é o
 que manda e escollendo entre opcións cando non o deberiamos facer.

 Ata logo,
   Leandro Regueiro

 On 6/12/07, dmunhiz dmun...@gmail.com wrote:
 Arribi:
 Penso que son cousas diferentes, gracias non é aceptado (é unha
 entrada incorrecta) pola RAG, do que se está a falar é de dous termos
 válidos e aceptados (lingüeta/separador) que segundo Leandro lingüeta
 é mais correcto en canto a significado.
 Saúdos


 Remitente:
 Daniel Muñiz Fontoira
 Eu uso software libre [1]
 [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


 J. Arribi escribiu:
  Ola Leandro:
 
  Leandro Regueiro escribiu:
  O certo é que despois de estar eu hai meses mirando cal sería a
  tradución máis axeitada para tab decanteime por lingüeta. Esta
  opción é correcta, cando menos segundo o meu diccionario de galego.
  E prefiroa a separador, xa que parece que separa algo, ou aba, xa
  que creo que non reflicte totalmente o significado de tab.
 
  Se a xente de Mancomun prefiriu unha forma que eu creo que leva a
  confusión, cando menos a min, alá eles. Eu prefiro a tradución
  lingüeta.
 
  Nós non escollemos unha ou outra opción terminolóxica. Como xa
  comentamos nalgún correo anterior os termos do glosario están
  sancionados polo Termigal. Nós non somos lingüistas.
 
  Por outra parte, dicirche que me parece moi valorable que cada un
  use a opción que prefira. De feito, eu decidín usar gracias no canto
  de grazas, pero as opcións persoais son iso, persoais. Creo que é
  moi recomendable para o idioma que exista unha institución que
  uniformice como chamarlle aos novos termos, neste caso informáticos,
  e esa institución é o Termigal, non mancomun.org.
 
  Saúdos.
 
  J. Arribi
 
 
  ___
  Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
  ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
 
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
 


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org

http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego