Re: [Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu

2010-03-23 Por tôpico Enrique Estévez Fernández
Ola.

Estou de cordo nas correccións que suxire Manuel, eu simplemente lendo
as mensaxes a présa que me solta o computador decateime deses posíbeis
erros que comento e saquei a captura da pantalla para arroxar algo de
claridade onde podía estar o erro.

As melloras que propón Manuel creo que son axeitadas e necesarias.

Con respecto ao fío no que vin o de soporte por medio non o encontro.
Quen sabe, ao mellor nin sequera existe e eu estou mesturando algunha
outra cousa, pero por se acaso comenteino.

Bo traballo Miguel, localizando as cadeas para poder corrixilas. Meu,
estás feito un crack, non sei como carallo fas para encontralas.

Saúdos.

2010/3/22 Manuel Souto Pico m.soutop...@gmail.com:
 Ola!

 2010/3/22 Enrique Estévez Fernández e...@keko.me

 Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu.

 Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea Acaba
 de inserir un soporte con fotos dixitais. Non debería ser soporte,
 senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba
 de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería
 concretamente a soporte dixital, debería ser medio.

 Podes dar o asunto dese fío?

 Exactamente en que acepción de medio en galego (e en que dicionario) estás
 pensando cando dis iso?

 A acepción de soporte que parece que se adecúa perfectamente a esa
 tradución é:
 *3s* *m* *INFORM*** Medio físico que se emprega para gravar información
 (digalego)

 Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:

 *Elixir que aplicativo hai que executar.  Elixe/Elixa que aplicativo hai
 que executar.

 Inconsistencia de formalidade:

 Acaba de inserir... (2ª persoa formal) vs. Selecciona... (2ª persoa
 informal)

 ( acaba  seleccione ) | ( acabas  selecciona )

 Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea O
 sistema está a ficar sen batería. Non sei se é correcto de todo a
 tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes.

 É correctísimo, só tes que consultar calquera dicionario ou o VOLGA para
 comprobalo. Porén, estou de acordo coa suxestión de Leandro (non para evitar
 o verbo ficar, senón pola construción en si).

 Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va
 na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, Asegura que as alarmas
 postas en Evolution se apaquen o momento axeitado. Paréceme ler que
 pon apaquen e debería ser apaguen, na interpretación que fago eu
 da mensaxe.

 Eu nesa captura vexo outras cousas que habería que corrixir:

 Proporciona *notificiacións relacionadas co disco  Proporciona
 notificacións relacionadas co disco

 Non se pasou o corrector ortográfico? ;)

 Presumíbel inconsistencia (3ª persoa vs. Infinitivo vs. 2ª persoa formal):

 Proporciona... / Asegura... vs. Comprobar... vs. Configure

 Supoño que neste caso todos deberían ser 3ª persoa, ou 2ª.

 Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu
 cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai
 cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si
 unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece
 dispoñible e debería aparecer dispoñíbel.

 Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes
 comprobar que no queda ben o que di.

 Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ...

 Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e
 separadas por comas e a última pola conxunción e. Non sei se pode,
 pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario.

 Eu diría que faltan os puntos a final de frase.

 Tamén vexo:

 x horas y minutos  x horas *e* y minutos
 x día y horas  x día *e* y horas

 e tamén varios espazos duplos antes desas cifras.

 Non é moi importante pero expreso a miña dúbida (non teño o orixinal) sobre:

 Para instalar software e actualizacións de fontes engadidas hai pouco ou
 modificadas terá que recargar a información sobre o software dispoñible.

 Igual está ben pero pode ser de fontes engadidas ou modificadas hai pouco
 ?

 Un saúdo, Manuel
 --
 Ubuntu-l10n-gl mailing list
 Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
 https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Re: [Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu

2010-03-23 Por tôpico Leandro Regueiro
 Estou de cordo nas correccións que suxire Manuel, eu simplemente lendo
 as mensaxes a présa que me solta o computador decateime deses posíbeis
 erros que comento e saquei a captura da pantalla para arroxar algo de
 claridade onde podía estar o erro.

 As melloras que propón Manuel creo que son axeitadas e necesarias.

Concordo.

 Con respecto ao fío no que vin o de soporte por medio non o encontro.
 Quen sabe, ao mellor nin sequera existe e eu estou mesturando algunha
 outra cousa, pero por se acaso comenteino.

 Bo traballo Miguel, localizando as cadeas para poder corrixilas. Meu,
 estás feito un crack, non sei como carallo fas para encontralas.

 Moi sinxelo, nunha instalación de lucid (neste caso nunha MV) abro un
 terminal e fago unha busca coa seguinte orde:

 $ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l
 'Cadea-exacta-a-buscar-sensíbel-a-maiúsculas'

 Por exemplo:
 $ sudo find /usr/share/locale-langpack/ | xargs grep -l 'Descargar e
 instalar a anovación'

 O que me vai a indicar en que .mo do sistema está esa cadea

 /usr/share/locale-langpack/gl/LC_MESSAGES/update-manager.mo

 (Con algunhas cadeas pode aparecer en máis de unha, pero ao facer a busca co
 erro, poñamos Aconteceu un erro durante a *instalacón* case seguro que só
 nos aprecerá unha, se aparece en máis e que hai máis erros dos agardados)

 Co que xa só teño que buscar en launchpad update-manager e nel buscar
 Descargar e instalar a anovación

 Corrixir e envorcar a corrección.

Envorcar a corrección??

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Re: [Tradutores-Ubuntu] Erros atopados en Ubuntu

2010-03-22 Por tôpico Miguel Bouzada
2010/3/22 Enrique Estévez Fernández e...@keko.me

 Boas anexo unha serie de erros atopados en Ubuntu.

 Na captura de pantalla: Corrixir_tradución_f-spot.png, a cadea Acaba
 de inserir un soporte con fotos dixitais. Non debería ser soporte,
 senón medio, se non recordo mal un fío de discusión no que se falaba
 de que soporte tiña unha serie de acepcións e cando se refería
 concretamente a soporte dixital, debería ser medio.

https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/nautilus/+pots/nautilus/gl/273/+translate

cando decidades, corrixideo

 Na captura de pantalla: ficar_xestor_actualización.png. A cadea O
 sistema está a ficar sen batería. Non sei se é correcto de todo a
 tradución ficar, eu poría quedar, pero vos diredes.

https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/update-manager/+pots/update-manager/gl/307/+translate

cando decidades, corrixideo

 Na captura Posíbel-fallo-Ubuntu-Tweak.png. Creo que a cada que se va
 na imaxe, xusto onde está o punteiro do rato, Asegura que as alarmas
 postas en Evolution se apaquen o momento axeitado. Paréceme ler que
 pon apaquen e debería ser apaguen, na interpretación que fago eu
 da mensaxe.

https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/evolution/+pots/evolution/gl/4771/+translate
corrixido (erro meu)

 Na captura de pantalla software_propertities.png. Esta xanela saíu
 cando engadín unha fonte de software, cando pechas o aplicativo se hai
 cambios nos repositorios sae esa xanela. En si non hai fallo pero si
 unha desviación respecto ao estilo que se está a empregar. Aparece
 dispoñible e debería aparecer dispoñíbel.

https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/software-properties/+pots/software-properties/gl/+translate?batch=10show=allsearch=ble

Habia máis bel, corrixidas

 Na pantalla Upgrade_lucid.png. En si fallo tampouco hai, pero pódedes
 comprobar que no queda ben o que di.

 Eliminaranse ... Instalaranse ... Anovaranse ...

https://translations.edge.launchpad.net/ubuntu/lucid/+source/update-manager/+pots/update-manager/gl/167/+translate
 e as duas seguintes, engadido punto despois da variable.

Podería forzarse o engadir un retorno de carro nas dúas primeiras, pero non
me parece o máis canónico.

 Ou debería ir en diferentes liñas ou deberían ir en minúsculas e
 separadas por comas e a última pola conxunción e. Non sei se pode,
 pero quedaría mellor como mensaxe informativa para o usuario.

 Un saúdo.