[Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico Miguel Bouzada
Vexo que ahai alguén traducindo tab por pestana.
https://translations.edge.launchpad.net/terminator/trunk/+pots/terminator/gl/+translate?batch=10show=allsearch=pestana
unha pestana é unha abéñoa ou perfeba, o correcto é (por orde de
preferencia) lapela, lingüeta ou (nalgún caso excepcional que non acado a
comprender) separador.
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico daniel de vega `danDDv77´
Lembro ver o termo 'aba' no Firefox, que ten a traducción actual como
'separador'. ¿Pasou ó desterro o termo? ...simplemente, é que o botaba en
falla.

*abas**.f. 1. Parte inferior de certas pezas do vestiario (saias, mandís,
hábitos, etc.) que cae solta desde a cintura para abaixo. As mulleres
recollían nas abas as mazás que lles botaban das árbores. SIN. faldra. 2.
Parte do sombreiro que está arredor da copa. Este sombreiro de aba larga é
bo para protexerse do sol. 3. Parte inferior dun monte. Había moitas casiñas
espalladas pola aba da montaña. SIN. faldra, pé. CF. ladeira. 4. Parte
suplementaria dunha mesa, que se levanta cando se desexa aumenta-la súa
superficie. Recolle a aba.*


2010/6/4 Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com

 Vexo que ahai alguén traducindo tab por pestana.

 https://translations.edge.launchpad.net/terminator/trunk/+pots/terminator/gl/+translate?batch=10show=allsearch=pestana
 unha pestana é unha abéñoa ou perfeba, o correcto é (por orde de
 preferencia) lapela, lingüeta ou (nalgún caso excepcional que non acado a
 comprender) separador.
 --
 Ubuntu-l10n-gl mailing list
 Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
 https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl




-- 
Daniel de Vega
danDDv77
-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico Leandro Regueiro
2010/6/4 daniel de vega `danDDv77´ dandd...@gmail.com:
 Lembro ver o termo 'aba' no Firefox, que ten a traducción actual como
 'separador'. ¿Pasou ó desterro o termo? ...simplemente, é que o botaba en
 falla.

 *abas**.f. 1. Parte inferior de certas pezas do vestiario (saias, mandís,
 hábitos, etc.) que cae solta desde a cintura para abaixo. As mulleres
 recollían nas abas as mazás que lles botaban das árbores. SIN. faldra. 2.
 Parte do sombreiro que está arredor da copa. Este sombreiro de aba larga é
 bo para protexerse do sol. 3. Parte inferior dun monte. Había moitas casiñas
 espalladas pola aba da montaña. SIN. faldra, pé. CF. ladeira. 4. Parte
 suplementaria dunha mesa, que se levanta cando se desexa aumenta-la súa
 superficie. Recolle a aba.*

SI, hai tempo que aba non se usa, e nunca se usou de forma masiva,
polo menos non tanto como lapela, lingüeta ou separador.

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico damufo
Boas:
Sobre separador.
Actualmente se non me erro:

- Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas 
partes dentro dunha interface.
- Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación
- separador: lingüeta

Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están 
dispoñibles para este uso?

Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación 
desta escolla.


En 2010/06/04 14:33, Leandro Regueiro escribiu:
 2010/6/4 daniel de vega `danDDv77´dandd...@gmail.com:
 Lembro ver o termo 'aba' no Firefox, que ten a traducción actual como
 'separador'. ¿Pasou ó desterro o termo? ...simplemente, é que o botaba en
 falla.

 *abas**.f. 1. Parte inferior de certas pezas do vestiario (saias, mandís,
 hábitos, etc.) que cae solta desde a cintura para abaixo. As mulleres
 recollían nas abas as mazás que lles botaban das árbores. SIN. faldra. 2.
 Parte do sombreiro que está arredor da copa. Este sombreiro de aba larga é
 bo para protexerse do sol. 3. Parte inferior dun monte. Había moitas casiñas
 espalladas pola aba da montaña. SIN. faldra, pé. CF. ladeira. 4. Parte
 suplementaria dunha mesa, que se levanta cando se desexa aumenta-la súa
 superficie. Recolle a aba.*

 SI, hai tempo que aba non se usa, e nunca se usou de forma masiva,
 polo menos non tanto como lapela, lingüeta ou separador.


-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico José Manuel Castroagudín Silva
2010/6/4 Enrique Estévez Fernández keko...@gmail.com:
 Boas.

 De verdade, isto é un cachondeo. Cada x tempo reabrides os debates das
 traducións. Non o entendo. Xa o sei que nunca vamos a estar dacordo ao
 cen por cen, pero xa o dixen e volvo a repetilo, todos temos que
 ceder. Hoxe uns e mañá outros, senón non avanzamos.

 Eu non era partidario de xanela, prefería fiestra, polo menos é o que
 se emprega na miña zona, pero aquí a comunidade emprega xanela e xa
 está. Con respecto a separador e a outras máis, como pode ser camiño
 vs ruta. De verdade, temos que intentar asentar traducións e avanzar e
 non cada dous por tres cambiar.

 Eu agora estou comezando a asumir Mozilla e xa vos digo que en
 principio, tab vai a traducirse como separador. Se hai algunha
 tradución diferente tratarei de normalizala por separador.

Precisamente en Mozilla, no firefox, penso que é onde hai o maior
problema co de separador: Hai dúas cousas no navegador que se
traduciron como separador. Unha é, naquilo de personalizar a barra
de ferramentas, un elemento que se pode meter entre dous botóns, para
separalos. O outro, cada unha das páxinas abertas simultaneamente na
mesma xanela.

Non che parece confuso/raro/erróneo isto?

(á parte de que é o programa, por excelencia, no que se empregan
lapelas/lingüetas/separadores...)


 O dito e insisto, avancemos e pechemos temas, porque isto é imposible.

 Unha aperta.

 2010/6/4 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 2010/6/4 damufo dam...@gmail.com:
 Boas:
 Sobre separador.
 Actualmente se non me erro:

 - Separador, liña vertical ou horizontal que serve para separar vairas
 partes dentro dunha interface.
 - Separador: liña horizontal que separa os elementos nos menús de navegación
 - separador: lingüeta

 Ten sentido sobrecargar a separador cando lingüeta, lapela, aba están
 dispoñibles para este uso?

 Se é o caso gustaríame que alguén ofreza información da xustificación
 desta escolla.

 Este debate mellor no Glósima, creo eu.

 --
 Ubuntu-l10n-gl mailing list
 Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
 https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


 --
 Ubuntu-l10n-gl mailing list
 Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
 https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl




-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico Fran Diéguez
De ningunha maneira, eu en ningún momento digo de insistir en usar
separador. Só digo que eu quero cambialo pero só até que haxa un
consenso non o cambiarei porque supón moito traballo en GNOME como para
cambiar continuamente entre varios.

Saúdos

O Ven, 04-06-2010 ás 17:52 +0200, Miguel Bouzada escribiu:
 Na miña opinión, non se debe usar separador para lingüeta/lapela.
 Agora,
 quen queira insistir en usar separador, para gustos ... 


-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl


Re: [Tradutores-Ubuntu] pestana ??

2010-06-04 Por tôpico damufo
Boas:

En 2010/06/04 18:20, Leandro Regueiro escribiu:
 A ver, non estamos rompendo ningún consenso, nin estamos rachando co
 resultado de ningunha discusión xa finalizada, nin se discutiu como se
 debería. E sobre todo en ningún sitio quedou fixado e con todas as
 razóns que levaron a unha determinada escolla. Para isto se fixo o
 Glósima, usádeo e a ver se en pouco tempo imos fixando os sangrantes.
 Ademais exporta a TBX, mellor imposible. Veña, crea conta xa
 http://termos.trasno.net/


 A razón que me dera Mar sobre a escolla de separador e que é ese
 elemento que se usa nas carpetas ou clasificadores para separar os
 papeis. Non sei se esta é a razón real ou non, pero paréceme razoable
 pensar que así foi.
Isto é o único que preguntaba.

Respecto dos demais comentarios.
Que eu saiba nunca se fixou dito termo, por iso preguntaba (poida que me 
perdera algo).

Xa que a cousa se animou aproveito.
Dáme a impresión que de que a ninguén lle gusta a escolla de separador 
para tab pero (ao mellor erro) como no seu momento certa empresa (a que 
foxe), elixiuno (sen atender a debate ningún, que eu saiba) pois agora 
está por todas partes precisamente porque os responsables das traducións 
(precisamente por resposabilidade coa que concordo) mentres non haxa 
consenso usan dito termo.
Neste caso non se trata de reabrir nada, que eu saiba nunca se fechou 
nin se fixou tal elección. Que alguén me corrixa se me erro.

Por certo, non fun quen de atopar o glosario de trasno e no glosima a 
cousa esta así:

#  Terminoloxía localización en-gl.   tab  (en) en debate - pendente 
(En discusión)

 * (en) tab
 * (gl) separador
 * (gl) tabulación
 * (gl) tabulador

# Glosario de Trasno  tab (en) en debate - pendente (En discusión)

 * (en) tab
 * (gl) lingüeta
 * (gl) separador
 * (gl) aba

# Termos_bouzada  Tab (en) en debate - pendente (En discusión)

 * (en) Tab
 * (gl) Tabulador. Fita protectora. Lingüeta


Pois nada máis, antes ou despois sería bo que se discutise esta escolla 
(se non o está). Se o está empregase separador e listo.



 Por certo, acabo de ver que carpeta ven no digalego como sinónimo de
 directorio.





-- 
Ubuntu-l10n-gl mailing list
Ubuntu-l10n-gl@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl