[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-14 Conversa Manuel Souto Pico
Grazas rapaces*! (*) Qué poucas mozas hai nesta lista... Apertas, Manuel 2009/10/13 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com Concordo. marcas diacríticas combinábeis +1 Carezo de contexto para decidir se é dun xeito ou doutro, pero apoio o de combinábeis no caso de ser adxectivo.

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-13 Conversa Antón Méixome
Pensando ben, creo que tes razón, ao carecer de contexto estaba pensando nun verbo, e nese sobreentido meter un adxectivo non o vía eu. combining diacritical marks podería ser marcas diacríticas combinábeis (combinantes tamén sería exacto pero ese adxectivo resulta raro en galego). Apertas

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-13 Conversa Daniel Vázquez Rivera
/ Estocolmo / Viena Asunto: Re: [G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks Pensando ben, creo que tes razón, ao carecer de contexto estaba pensando nun verbo, e nese sobreentido meter un adxectivo non o vía eu. combining diacritical marks podería ser marcas diacríticas combinábeis

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-13 Conversa Leandro Regueiro
Concordo. marcas diacríticas combinábeis +1 Carezo de contexto para decidir se é dun xeito ou doutro, pero apoio o de combinábeis no caso de ser adxectivo. Ata logo, Leandro regueiro

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-12 Conversa Manuel Souto Pico
Ola, Non o teño tan claro. Onde a min me aparece, parece referirse a characteres que se combinan con outros para formar un combinado, p. ex. o ´ combínase con a para formar á. O ´ sería o combining diacritical mark, e por tanto non é unha combinación, senón unha marca que se combina.

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-09 Conversa Antón Méixome
Penso que a mellor tradución é a de Combinación de marcas diacríticas. O núcleo da frase é diacritical marks e non combination marks. A tradución do xerundio inglés por un adxectivo (combinatorio) paréceme arriscada. Por outro lado, tal e como se di na páxina 69 do noso Manual de

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-09 Conversa marce
O Venres, 9 de Outubro de 2009 09:57:52 Antón Méixome escribiu: Podes obter máis información do que son as marcas diacríticas a partir de aquí. Como verás son caracteres do estándar Unicode. http://www.unicode.org/charts/PDF/U1DC0.pdf Combining Diacritical Marks Sinais diacríticos

[G11n] [terminoloxía] combining diacritical marks

2009-10-08 Conversa Manuel Souto Pico
Ola, ِA ver se alguén me sabe dicir cal sería o equivalente correcto en galego e por que. Encontrei varias alternativas en OOo, Gnome, KDE e Windows no CLUVI. Outras que se me ocorren: marcas diacríticas combinadas ou marcas diacríticas asociadas ou marcas diacríticas combinables. Supoño