Bon día a todos: (e en especial a quen o mereza).
Non vos poño en antecedentes para non aburrivos coa miña vida, e vou ao grao. Finalmente por agora os meus fillos están matriculados nun colexo galego que usa uns ordenadores do que en tempos foi Abalar e agora non sei como se chamará. Usan gnome, qu se lle vai facer, tócalles bailar coa máis fea, pero polo menos teñen unha selección de software que me é familiar.... ktouch, kturtle, kgeography, un gcompis capado, scratch (2 !!!!!! diormío) etc. etc. Pois resulta que refozando refozando deron co kturtle e gústalles o tema. E aquí chegan os problemas: aprender a usar o kturtle co turtlescript en galego sen documentación traducida dispoñíble é algo, e direi só algo por ser autocomplacente, algo complicado. Como está o tema de tradución de kde? (e en xeral, como está o tema debian? deixeino daquela que cambiaran de linux a systemd) brgds, Marce - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal - Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno - Cancelar a subscrición no URL : http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=6980&h=b80b62cff161eb9940f6af8179d560298f8b51a8&sa=2026204328