Gustaríame ir preparando unha nova xornada de discusión terminolóxica. 
Eu diría de chamala Trasnada, pero a diferenza de Trasnadas anteriores 
isto sería por Internet e a única actividade sería a discusión 
terminolóxica.

De momento recollín en https://termos.trasno.gal/pendente/ unha lista de 
~550 discusións pendentes que saquei principalmente do glosario antigo, 
do documento de discusión terminolóxica que mantiña Leandro, e das 
listas de correo (mensaxes a partir da de clausura da Trasnada 13.0).

Creo que os seguintes pasos serían:
1. Buscar unha data para a xornada.
2. Dar un tempo para que calquera achegue elementos de discusión 
adicionais.
3. Ordenar as discusións por prioridade.
4. Recadar información sobre as discusións que pensemos que poida dar 
tempo a abordar.

O paso 1 pode facerse en paralelo ao resto.

Pero estaría ben poñernos de acordo en algunhas cousas.

Antes de poñernos a buscar data (paso 1), habería que decidir:
- A duración: 4h? 8h mañá/tarde?
- O método de escolla. Estaba pensando nun Framadate con 12 fins de 
semana, empezando 1 mes despois da data de creación do Framadate, e das 
3 mellores fins de semana, preparar un Framadate máis específico coas 
opcións sábado/domingo mañá/tarde. Pero non sei se será demasiado 
rebuscado.

Antes de comezar co paso 2, estaría ben definir cando remata. Por 
exemplo, que a xente vaia enviando achegas e tras 1 semana sen achegar 
ninguén nada máis pasamos ao paso 3? Ou poñemos un tempo fixo?

Antes de comezar co paso 3, habería que escoller como ordenamos as 
discusións por prioridade. Ocórrenseme:
- Booleano: cada quen di o que quere tratar (+1).
- Tres estados: cada quen di o que quere (+1) e o que non (-1).
- Borda: cada quen di o que quere na orde na que o quere, e calcúlase 
unha puntuación segundo iso.

E antes do paso 4 habería que limitar o número de discusións sobre as 
que recadar información. 100? Supoño que dependerá da duración que 
escollamos para a xornada.

E xa durante a propia xornada podemos decidir cando organizar a seguinte 
xornada (aos 3/6/12 meses?), e cousas a cambiar no proceso se algo non 
funcionou ben.

Como o vedes?

- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
https://trasno.gal?confirm_unsubscribe=indeed&m=11990&h=7d8883d8c83964e5e3c5289f8127915df003ea44&sa=742267002




powered by WP Mailster - the flexible mailing list solution for WordPress, more 
information: https://wpmailster.com

Responderlle a