Boas Pura.

As frases teñen que ser orixinais, non frases comúns, ditos, ou frases 
feitas (aínda que supoño que tamén son benvidas), polo que en principio 
debería ser pouco probable que xa as teñamos. Pero tampouco pasa nada 
nese último caso, as duplicidades serán pequenas.

Poderías crear unha conta en https://commonvoice.mozilla.org/gl e 
acceder ao contido que xa hai. Pero dado o número crecente de frases, 
lelas todas antes de contribuír novas seméllame inviable. É mellor 
arriscarse a repetir unha frase.

Un saúdo,
Adrián

On 2023-01-20 09:34, María de la Concepción Prado Baña wrote:

> Bo día:
> chámome Pura Prado e chegoume información do proxecto trasno, co cal me 
> gustaría colaborar, pero realmente non sei moi ben como.
> O meu "problema" é que por exemplo, no caso das frases, como sabería eu 
> as que xa tendes recollidas?
> O feito de non coñecer os fondos existentes pode producir unha 
> duplicidade estéril para o proxecto.
> Co ánimo de colaborar e saber máis deste proxecto tan valioso e 
> necesario para a lingua, quedo á espera da vosa resposta, desexando 
> éxito e agardando poder axudar.
> Un saúdo
> 
> Pura Prado.
> - Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - 
> proxecto@trasno.gal
> - Correo do administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto 
> Trasno
> - Cancelar a subscrición  no URL: 
> http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7870&h=52daea74d7ce100bd249cbbb9a300576494c5272&sa=1172870614
- Lista de correo de Proxecto Trasno - Enviar correo a - proxecto@trasno.gal
- Administrador - administra...@trasno.gal - de - Proxecto Trasno
- Cancelar a subscrición no URL : 
http://trasno.gal/web?confirm_unsubscribe=indeed&m=7871&h=343efbea7ea116ffbcf97b8543d39ba38a8c1733&sa=246863681

Responderlle a