O Mércores 15 Setembro 2010 19:56:20 Miguel Bouzada escribiu:
> este?
> http://www.tusequipos.com/2009/09/11/inves-noobi-el-netbook-de-pantalla-tac
> til-y-rotatoria/
> http://www.canaltecnia.com/netbook-inves-89-junior-noobi-intel-atom-n270


Ha de ser como este, pero non ese "Junior", senón algo superior: non ten a asa 
que aparece nas fotos, as cores eran algo distintas e non tiña o autocolante 
ese de "Intel Atom Inside" ;P. Ademais, creo recordar que tiñan 2 GB de RAM e 
prometeron cinco horas de autonomía; a pantalla _creo_ recordar que era de 
10''. A cámara web, por certo, xira (a peza gris que aparece na foto).

Xosé

> 
> ou este?
> http://www.noticiasdot.com/publicaciones/gadgetmania/2009/05/20/inves-helio
> -200-el-nuevo-netbook-de-la-firma-espanola/
> 
> 
> 2010/9/15 Xosé <xoseca...@gmail.com>
> 
> > Esta mañá fun a unha reunión informativa sobre o Proxecto Abalar, co que
> > se dotarán as aulas de 5º de primaria e 1º de ESO de ultraportátiles.
> > 
> > Os ultraportátiles son moi chulos, tipo tablet (Inves, non me fixei no
> > modelo)
> > e teñen instalado ubuntu-netbook que, no que puiden probar, funciona moi
> > ben,
> > incluídas as pizarras SmartBoard.
> > 
> > Curiosamente o idioma por omisión era... español (podíase escoller de
> > Uruguay,
> > Arxentina e algúns outros, así como inglés de Zimbabue e de Australia)...
> > mais
> > non o galego. A explicación oficial é que os montaran en Madrid.
> > 
> > De todos os xeitos [borrei varios parágrafos, non viñan a conto ;-)],
> > propoño
> > que nos centremos o antes posíbel no que sexa máis específico de ubuntu-
> > netbook e en todos os aplicativos educativos que poidamos, pensando
> > especialmente que van ser empregados por rapaces.
> > 
> > Xosé
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto@trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a