Parabéns a todos!

D.m., na vindeira actualización de l10n.kde.org (é automática e
depende de como vaia scripty) veremos que somos un dos oito ou nove
equipos con toda a gui traducida.

Como xa dixen, a resposta á chamada foi extraordinaria por parte de
todos: Adrián, Xose, Miguel e Xabier (+/- ordenados pola cantidade de
traballo feito).

Queredes máis? Pois está a documentación, por onde andaba Xosé, e hai
elementos non exactamente textuais para localizar...

Que vaia ben!
Marce
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a