O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses
dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes
(DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl
). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque
as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o
feito de que cando animo alguén a que busque software para algo
específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao
software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco
pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que
van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total.

Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei
nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de
estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como
estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha
orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a
que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos
e non son coherentes neste sentido. As traducións, si.

Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen
na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre
as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras:
non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco
pero que hai que traducir á man.

Quen podería...

1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian?

2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm?

Xosé
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a