Aos que xa recibiron o "translation disclaimer":

 Pedín que vos asignaran os paquetes que fixestes xa e que están no
Translation Project, para que os poidades enviar cando queirades (xa vos
avisará François Pinard, ou se non o fai, el avísame a min e eu a vós :)).


 Como supoño que quereredes unha receita para envia-los vosos POs, aí vai:

 * O nome do ficheiro debe ser do tipo:

   paquete-version.gl.po

 * Podedes comprimilo con gzip (non con bzip2), e entón o nome do ficheiro
   será:

   paquete-version.gl.po.gz

 * Enviades unha mensaxe a <mailto:translat...@iro.umontreal.ca>,
   asegurándovos de que no From: da mensaxe, e na cabeceira do ficheiro PO
   vaia o enderezo co que enviaste-lo "disclaimer". Se vos é máis cómodo,
   podedes escribir para pedir un alias. Na liña subject debedes poñedes:

   TP-Robot nomecompletodopaquetetalecomovosdixenantes

 * O paquete pode ser enviado en dous formatos distintos:

   + Uuencodeado. Para iso só tedes que utiliza-lo programa uuencode, cunha
     liña de comando semellante a:

     $ uuencode prog-ver.gl.po prog-ver.gl.po > prog-ver.gl.po.uuee

     E así no ficheiro prog-ver.gl.po.uuee tende-lo ficheiro uuencodeado;
     só tedes que insertalo no corpo da mensaxe, e listo.

   + Coma attachment MIME. ¡Ollo! Ten que ir en codificación Base-64, e non
     debe ir partido en varias mensaxes. Ademáis non pode haber nada máis
     que un só ficheiro por mensaxe. Este sistema é novo así que andade con
     coidado :)

 * Unha vez feito isto, enviade a mensaxe. Sen contar o tempo que tarde en
   transmitirse ao Canadá, a resposta debería chegar en 5 ou 10 minutos.
   Será unha mensaxe xerada automáticamente polo robot, e que vos informa
   dos erros que atope no voso ficheiro; se non pode aceptalo, xa volo
   indicará e dirá as razóns. Tamén pode ser que o ficheiro dea un par de
   erros pero sexa aceptado por ser erros recuperables; nese caso enviaravos
   un parche para que apliquedes ao voso ficheiro orixinal.

 * Podedes falar co coordinador xeral do TP enviando a vosa mensaxe a
   <mailto:translat...@iro.umontreal.ca>, ¡pero procurade non comeza-la liña
   subject con "TP-Robot"! :)


 Espero que vos sexa útil. Pronto prepararei un pequeno script para
envia-los ficheiros sen tantas historias :)

-- 
Un saludo: Jacobo Tarrío, miembro de GPUL
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a