Ola,
ao final aparecimos 6 socios de Trasno.

Montamos un stand (un dos tres que había) ao que se achegou algunha
xente e lles respondimos preguntas e repartimos CDs e DVDs de Ubuntu,
openSUSE e algún de Minino. A xente tamén levou exemplares do manual
de Ubuntu e trípticos sobre software libre xentileza de Inestable.
Tivemos que «pelexar» algo cun neno que que nos queria levar todo o
material do stand para repartirlle aos seus amigos, pero en xeral creo
que a cousa foi bastante ben.

Tamén demos unha charla sobre os 11 anos de tradución de SL ao galego
e impartimos un obradoiro sobre tradución. O material que se usou para
o obradoiro está pendurado en
http://trasno.net/ficheiros/upload/xgn2011/

Supoño que estes días se publicará unha nova máis detallada e con
fotos sobre a nosa participación nesta XGN.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a