Ola,
aqui tedes a acta da xuntanza, engadinlle algunha cousa, pero tampouco moito...

logotipo
    prazo fin de ano (se non está facemos unha votación para decidir)
    figura simple con texto "Proxecto Trasno" ó lado
    se queremos o trasniño de mascota
    http://trasno.net/logo para aloxar as propostas

asociacion
    contactar cas ciberirmandades para ver se son asociacion, intentar
integrarnos nelas se o son (damufo, antes fin ano)
    buscar servidor aloxamento (ciberirmandades, mancomun, gpul...)
    montar mailman, certo control do servidor para facer cambios,
servidor glosario, servidor TM, blogs(planet)

videotitoriais
    conseguir videos charlas (noveis, akademy)
    facer lista de recursos que hai na web e subilo a recursos da wiki
    subir outros recursos que non hai na web tamen á wiki
    facer videotitoriais para principiantes (recordmydesktop)
    facer outra docu para principiantes

terminoloxia (glosario)
    globs (nuno)
    que é o que precisamos no noso glosario
    exportación a pdf
    importación exportación TBX (outros formatos tamén)

hunspell
    parece que damufo conseguiu que rule
    facer paquete deb
    enviar os ficheiros a algun sitio?? como contactar cos que fan os
paquetes??

censo tradutores
    lista programas e quen traduce (para evitar problemas de
duplicación de traballo)



Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a