traducción inkscape

2008-01-12 Conversa alberte mendez lopez
Ola!
Desculpas se este non é o xeito de facelo, pero andaba a procurar á xente
que estexa a traducir o inkscape, eu estaba interesado en colaborar na
traducción dos titoriais.
Un saúdo
Tucho Méndez


Re: traducción inkscape

2008-01-12 Conversa Leandro Regueiro
Eu sonche o tal. Hai alguns meses estiven a ver se traducia os
titoriais e teño alguns a medio facer. Pasochos todos dentro dun
tar.gz. Lembrate de actualizalos usando os ultimos .pot que podes
obter dende o SVN de Inkscape. Eu seguirei traducindo a interface de
usuario en febreiro, despois dos exames.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

On Jan 12, 2008 12:25 PM, alberte mendez lopez tuchodefr...@gmail.com wrote:
 Ola!
 Desculpas se este non é o xeito de facelo, pero andaba a procurar á xente
 que estexa a traducir o inkscape, eu estaba interesado en colaborar na
 traducción dos titoriais.
 Un saúdo
 Tucho Méndez


Re: traducción inkscape

2008-01-12 Conversa Leandro Regueiro
2008/1/12 alberte mendez lopez tuchodefr...@gmail.com:
 Ola Leandro, non me chegou o arquivo que me dis.
 Agradeceríache tamén un pouco de orientación sobre como facelo, eu teño algo
 de tempo para adicarlle e ademáis me viría ben telos traducidos, pero non
 levo moito en linux e os .po e o SVN me soan un pouco a chino... :(
 Ate logo.
 Tucho

Por partes.

Primeiro: o ficheiro non che chegou porque se me foi a pinza e non o
anexei á mensaxe :)

Segundo: o SVN é o servidor onde están os ficheiros cos que se crea un
programa, ou proxecto. Alí está todo o código fonte, iconas,
traducións e outras caralladas. Ti só tes que ir ali e coller os
ficheiros .pot xa que o resto non nos interesa. Aqui tes a ligazón da
parte do SVN de Inkscape onde están as traducións de documentación é
esta http://inkscape.svn.sourceforge.net/viewvc/inkscape/doc-docbook/trunk/
Vai a ela e busca os .pot e descargaos.

Terceiro: Para traducir non che fai falta linux, cun windows e poedit
podes traducir perfectamente.

Cuarto: Tes info de como traducir Inkscape en
http://wiki.inkscape.org/wiki/index.php/Translation_information

Quinto: Para aclarar ben as cousas vou explicarche por riba como tes
que facer para traducir. Para comezar unha traducion un tradutor colle
o ficheiro .pot e cambialle a extensión a .po e o nome ó código do seu
idioma. Tradúceo usando un programa, xa sexa o típico editor de texto
ou un programa orientado á tradución coma Gtranslator, Kbabel ou
Poedit (este último tamén o hai para Windows). Despois de traducir
envias a tradución de volta ós desenvolvedores do programa para que a
poñan no SVN (pero para empezar enviama a min que cha teño que
revisar). Evidentemente co paso do tempo incluirán novas cadeas para
traducir polo que o ficheiro .pot cambiará e terás que actualizar a
tradución. Para facelo tes que obter unha copia do .pot do SVN (mirar
máis enriba o do SVN) e usando un programa na consola, ou o propio
programa que usas para traducir, actualizas o teu .po usando o .pot
que baixaches. Despois de facer isto tes que traducir as novas cadeas
que se engadiron ó teu .po e envialo de volta ós desenvolvedores. E
volta a empezar :)

Sexto: como vas traducir a documentación, recoméndoches que te
instales a última versión do Inkscape que haxa dispoñible na web e
abras o titorial que vas traducir, xa que axuda ver onde vai aparecer
o que estás traducindo.

Ata logo,
  Leandro Regueiro


titoriais_parcialmente_traducidos_leandro.tar.gz
Description: GNU Zip compressed data