2008/1/12 alberte mendez lopez <[email protected]>: > Ola Leandro, non me chegou o arquivo que me dis. > Agradeceríache tamén un pouco de orientación sobre como facelo, eu teño algo > de tempo para adicarlle e ademáis me viría ben telos traducidos, pero non > levo moito en linux e os .po e o SVN me soan un pouco a chino... :( > Ate logo. > Tucho
Por partes. Primeiro: o ficheiro non che chegou porque se me foi a pinza e non o anexei á mensaxe :) Segundo: o SVN é o servidor onde están os ficheiros cos que se crea un programa, ou proxecto. Alí está todo o código fonte, iconas, traducións e outras caralladas. Ti só tes que ir ali e coller os ficheiros .pot xa que o resto non nos interesa. Aqui tes a ligazón da parte do SVN de Inkscape onde están as traducións de documentación é esta http://inkscape.svn.sourceforge.net/viewvc/inkscape/doc-docbook/trunk/ Vai a ela e busca os .pot e descargaos. Terceiro: Para traducir non che fai falta linux, cun windows e poedit podes traducir perfectamente. Cuarto: Tes info de como traducir Inkscape en http://wiki.inkscape.org/wiki/index.php/Translation_information Quinto: Para aclarar ben as cousas vou explicarche por riba como tes que facer para traducir. Para comezar unha traducion un tradutor colle o ficheiro .pot e cambialle a extensión a .po e o nome ó código do seu idioma. Tradúceo usando un programa, xa sexa o típico editor de texto ou un programa orientado á tradución coma Gtranslator, Kbabel ou Poedit (este último tamén o hai para Windows). Despois de traducir envias a tradución de volta ós desenvolvedores do programa para que a poñan no SVN (pero para empezar enviama a min que cha teño que revisar). Evidentemente co paso do tempo incluirán novas cadeas para traducir polo que o ficheiro .pot cambiará e terás que actualizar a tradución. Para facelo tes que obter unha copia do .pot do SVN (mirar máis enriba o do SVN) e usando un programa na consola, ou o propio programa que usas para traducir, actualizas o teu .po usando o .pot que baixaches. Despois de facer isto tes que traducir as novas cadeas que se engadiron ó teu .po e envialo de volta ós desenvolvedores. E volta a empezar :) Sexto: como vas traducir a documentación, recoméndoches que te instales a última versión do Inkscape que haxa dispoñible na web e abras o titorial que vas traducir, xa que axuda ver onde vai aparecer o que estás traducindo. Ata logo, Leandro Regueiro
titoriais_parcialmente_traducidos_leandro.tar.gz
Description: GNU Zip compressed data

