Atallos na nova version en galego do firefox 3

2008-06-18 Conversa damufo

Ola:
Ficheiro e Ferramentas teñen o atallo na F.
Marce xa comentara algo sobre isto, se non me erro a súa proposta era 
que usaba no canto de ferrametas, utilidades. Que me corrixa se me erro.


Isto xa non sei se é erro ou é adrede
En ficheiro gardar e abrir teñen como atallo o a
En ver, codificación e código no c, tamén barra de estado e estilo no e
hai máis...
Separador non me parece unha tradución acertada. ;-)
Saúdos





Re: [Galician] Atallos na nova version en galego do firefox 3

2008-06-18 Conversa suso . baleato
Grazas, grazas polos erros... ide enviando todo o que vexades que é o
mellor modo de darlle ao produto a calidade que merece. No tema de
separador creo que opino tamén así, pero como xa dixemos, os temas
terminolóxicos tratarémolos monográficamente cando obteñamos os
criterios de escolla da empresa; o que non quita que se fagan tamén esas
achegas, xa que para todas haberá que atoparlles a súa correspondente 
solución.

Saúdos,

damufo escrebeu:
 Ola:
 Ficheiro e Ferramentas teñen o atallo na F.
 Marce xa comentara algo sobre isto, se non me erro a súa proposta era que 
 usaba no canto de ferrametas, utilidades. Que me corrixa se me erro.

 Isto xa non sei se é erro ou é adrede
 En ficheiro gardar e abrir teñen como atallo o a
 En ver, codificación e código no c, tamén barra de estado e estilo no e
 hai máis...
 Separador non me parece unha tradución acertada. ;-)
 Saúdos




 ___
 Galician mailing list
 galic...@mozdev.org
 https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician


-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es


Re: Atallos na nova version en galego do firefox 3

2008-06-18 Conversa mvillarino
 Ficheiro e Ferramentas teñen o atallo na F.
 Marce xa comentara algo sobre isto, se non me erro a súa proposta era que
 usaba no canto de ferrametas, utilidades. Que me corrixa se me erro.

Acertas, pero non deixa de ser un hack (golpe de brosa).
Os atallos máis comúns de todos os programas de kde está non ficheiro
kdelibs, por que son queredes consultar ( ou na marce's style guide).

Teño o día complicado, até outra


marca de posición 29

2008-06-18 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
acabo de ver no mapa que se anotou un tal marca de posición 29. Por
favor que poña que é o que traduciu :)

Ata logo,
Leandro Regueiro


Re: lingüística...

2008-06-18 Conversa Adrián Chaves
A min non me deixa instalalo. Dime textualmente: Galician (Galiza)
Language Pack 3.0pre could not be installed because it is not compatible
with Firefox 3.0b5.

É por usar a beta5? Porque  é a que Ubuntu Hardy Heron trae por defecto.


O Dom, 15-06-2008 ás 01:38 +0200, Xabier Villar escribiu:
 Se vas a esta direción:
 
 http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2008-June/000350.html
 
 telo como adxunto ó final da mensaxe. Iso sí, terás que cambiarlle a
 extensión a .xpi e arrastralo sobre o firefox/iceweasel