Ola, Xa que ninguén fai ningún tipo de crítica á páxina web, hai que recurrir á autocrítica/realimentación. :-þ
Ben... cun pouco de sorte (e despois de varios días mareando a Jacobo O:D) xa están rematadas as páxinas de GNOME e de KDE. Máis bonitas, e sobre todo máis útiles. E digo máis útiles porque agora están automatizadas, e tódalas noites actualiza as traduccións cos últimos ficheiros .pot de cada proxecto (si, Fran, si, xa podes baixar cando queiras a traducción do gimp para actualizala) :))) En canto o de KDE... Xa está formado o grupo oficial, e xa están os primeiros ficheiros subidos. Tiven que traducir eu uns poucos paquetes de kdebase, polo menos para ter unha base para KDE2 (que teoricamente sae un día destes) Xa lle dixen a Alejandro que debestes empezar por kdebase en vez de por kdeadmin, pero dá o mesmo, o caso é que se vaian traducindo cousas. :) E creo que máis nada... aproveito para insistir en que podedes criticar/suxerir todo o que queirades sobre a páxina, que non hai listas negras, nin hai "pois faino ti", nin nada polo estilo. :DDD -- _ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97 _| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe