Hai unhas horas dispúñame a comezar a tradución ao galego do GCC, cando topei 
con isto[1].

O que ven a dicir é que todo o que traduza software de GNU (e poida que outros 
aplicativos xestionados polo Translation Project) debe antes asinar un 
“disclaimer”. Non teño nada en contra do “disclaimer” en si, pero iso de 
enviarlles un correo “analóxico” e ter que agardar preto dun mes... en fin, 
chamádeme preguiceiro.

Non sei quen dos que xa pasaron o choio[2] está na rolda de Trasno (so 
recoñecín a Leandro, a Tsao e a Jacobo), pero me preguntaba se algún deles 
estaría disposto a
a) traducir o aplicativo, ou
b) revisar as traducións feitas por min e envialas upstream.

E logo hai outra cousa que me pregunto: sería posible que Trasno (ben como 
proxecto ou de ser preciso como asociación) realizase o trámite este, e que os 
tradutores podamos mandar as traducións a través de Trasno (tradutor → 
administrador de Trasno → Translation Project) quedando a tradución “amparada” 
polo “disclaimer” asinado dende Trasno? É algo complicado, seino, pero se isto 
fai falla para todos os aplicativos de GNU, paréceme unha opción importante a 
explorar.

Senón xa buscarei un HowTo sobre enviar cartas por correo ordinario ;)

---
[1] http://translationproject.org/html/whydisclaim.html
[2] http://translationproject.org/html/authors.html
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a