[URXE] Ampliación de actividades 2010

2010-12-01 Conversa Miguel Branco
Ola,

Acábannos de avisar de que podemos contar con máis financiamento para
realizar actividades antes do* 15 Dec*. dentro do convenio de LUGs que temos
subscrito coa SX de Modernizacióne Innovación Tecnolóxica (iMiT).

Algunha suxerencia de evento/actividade que deamos feito antes desa data?.

Saúdos!
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: [URXE] Ampliación de actividades 2010

2010-12-01 Conversa Fran Dieguez
Publicar a esperada guía de localización actualizada con todos os
últimos consensos, levar a cabo unha revisión completa da mesma e facer
unha tiraxe como guía de referencia para os membros de Trasno e para
cursos.

Repetir o curso de localización en máis lugares xa que penso que foi un
éxito.

Financiar dúas Trasnadas para o ano que ven. Penso que cando nos
xuntamos todos adiantamos moitas cousas.

Organizar coloquios con persoeiros da xunta, responsábeis do proxecto
Abalar ou da SX de Modernización para buscar sinerxias ou proxectos que
poidan ser beneficiosos para os implicados.

Isto a bote pronto.

Saúdos
O Mér, 01-12-2010 ás 14:21 +0100, Miguel Branco escribiu:
 Ola, 
 
 
 Acábannos de avisar de que podemos contar con máis financiamento para
 realizar actividades antes do 15 Dec. dentro do convenio de LUGs que
 temos subscrito coa SX de Modernizacióne Innovación Tecnolóxica
 (iMiT). 
 
 
 Algunha suxerencia de evento/actividade que deamos feito antes desa
 data?.
 
 
 Saúdos!
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto