Buffff, Leandro estame a poñer a proba....

Estiven a facer algunhas cousas, de momento estes son os resultados:




# Hai que cambiar a regra "PT-2011_framework" para incluír tamén a
#  posibilidade de traducilo como «marco de desenvolvemento».

Feito

#  Hai que cambiar a regra "PT-2011_key" porque tamén se pode traducir
#  como «chave»(para cifrar ou codificar) e como «clave»(identificador
#  único para obter datos nun dicionario, matriz ou BD).

Feito

#  Falta a regra para «clipboard» que se traduce como «portapapeis».

Feito

#  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_chat" porque tamén se pode
#  traducir como «conversar».

Feito

#  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_download" porque tamén se
#  pode traducir como «descarga».

Feito

#  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_upload" porque tamén se pode
#  traducir como «envío».

Feito

#  Falta a regra para «remove» que se traduce como «retirar» ou como
#  «desinstalar»(cando se trata dun paquete de software).

Feito

#  Falta a regra para «delete» que se traduce como «eliminar».

Feito

#  Falta a regra para «valid» que se traduce como «correcto/a».

Feito

#  Faltan as regras para «addon» e «add-on», «extension», «complement»
#  que se poden traducir como «complemento» e como «engadido».

Feito

#  Falta a regra para «roll back» que se traduce como «regresar». Quizais
#  se poida incluír na regra "PT-2011_rollback".

Feito

#  Falta a regra para «encryption». Quizais se poida incluír na regra
#  "PT-2011_encrypt".

Si, debería cachala esa regra.

#  Falta a regra para «decryption». Quizais se poida incluír na regra
#  "PT-2011_decrypt".

Si, debería cachala esa regra

#
#  Falta a regra para «username», «user name», «login», «login name» que
#  se traducen como «nome de usuario».

Feito

#  Falta a regra para «environment» que se traduce como «ambiente».

Non faltaba, tiña o nome co ano errado (2011 no canto de 2012)

#  Falta a regra para «empty» que se traduce como «baleiro/a» ou «baleirar».

Feito

#  Falta a regra para «change» que se traduce como «cambio» ou «cambiar».

Feito

#  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_highlight" para indicar que
#  tamén se traduce como «realce».

Feito

#  Hai que cambiar o hint da regra "PT-2011_buffer" para indicar que o
#  plural é «búferes».

Feito

#  Non entendo por que a regra "noPT-2011_develop" ten un identificador
#  «noPT», segundo o que vexo segue perfectamente os acordos.

Supoño que foi un erro copiando e apegando

#  Falta a regra para «development» que se traduce como «desenvolvemento».

Vaaale

#  Falta a regra para «developer» que se traduce como «desenvolvedor».

Vaaale

#  Falta a regra para «provider» que se traduce como «fornecedor».

En que non te satisfai a regra "noPT-2011_provide"?

#  Falta a regra para «replace» e «replacement» que se traducen como
#  «substitución».

En que non te satisfai a regra "noPT-2011_replace"?

#  Falta a regra para «app» que se traduce como «aplicativo».

Feito.
Agora que o penso, nunha mensaxe anterior dicias algo que afectaba a esta regra.

#
#  Falta a regra para «launch» que se traduce como «inicio» e «iniciar».

Ondiá! resulta que a metera en: id="PT-2011-gl_lanzar" (controlledLang.rules)
Feito

#  Falta a regra para «launcher» que se traduce como «iniciador».

Feito (pero de má gana: a anterior debería saltar nesta se fose
traducida dun xeito "arcaico".

#  Falta a regra para «paste» que se traduce como «pegar».
#
#  Falta a regra para «audio» e «sound» que se traducen como «son».

En que non te satisfai a regra con id="PT-2011-gl_audio" ?




Tamén estiven a pensar que, tal vez, para non perde ningunha  das
mensaxes coas correccións a facer, quen sabe, podería ser interesante
facer unha páxina wiki.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a