Actualización das traducións de Ubuntu 14..04

2014-05-28 Conversa Marcos Lans
O 4 de xuño é a data límite para soliciar a actualización do paquete de
idioma de Ubuntu 14.04. Se alguén sabe como realizar correctamente a
solicitude e ten tempo a facelo...
Senón tentaría facela eu.
https://wiki.ubuntu.com/Translations/LanguagePackUpdateRequest
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

[terminoloxia] porting

2014-05-28 Conversa Antón Méixome
Hai un tempo falárase na lista deste termo sen chegar a unha solución
que quedaba para discutir nunha Trasnada. Creo que non se chegou a
debater.

to port - porting

Preocúpame especialmente o substantivo en casos nos que o uso non é
exactamente a refabricación de código.

Portaxe? (coma en francés)
Portabilidade ? (coma en portugués e italiano e para o cal hai que
definir ben que significa porque esta ten outro uso, o de peza moble)
Porteo ?
Portación ?
Conversión?
Tradución?

O verbo, ás veces pode ser ben explicado con outras opcións

- adaptar
- migrar
- transformar

Hai porting de código, de plataforma, de ámbito de uso. Exemplo:

The most recent license version is 4.0, which can be used
internationally. If you are searching for a port of the license for a
particular jurisdiction, however, you may still use them.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: Actualización das traducións de Ubuntu 14..04

2014-05-28 Conversa Xosé
É necesario? Penso que só se despois de abril se descubre algún erro
terríbel nunha tradución que queiramos evitar que se manteña catro
anos.

Xosé

2014-05-28 12:28 GMT+02:00 Marcos Lans marcoslansga...@gmail.com: