Charla na UVigo - Colaboración con Trasno

2011-10-10 Conversa Anxo TAto
Boas!

Son Anxo, un rapaz da Universidade de Vigo.

Quería comentarvos un tema. Estou nunha asociación que se chama
Trabalinguahttp://trabalingua.blogaliza.org.
E queriamos facer unha charla sobre a localización de SW (libre) ao galego
este cuadrimestre. Tamén nós gustaría facer un cursiño práctico de
localización de SW libre ao galego a comezos do 2º cuadrimestre.

Vimos que nunha wiki de Trasno hai un proxecto para facer unha xornadas ou
algo similar ao que expusen arriba en Vigo. Tamén estamos ao tanto das
Xornadas-Conferencias que fixestes en Coruña o ano pasado.

O que queremos saber é se ese proxecto de obradoiro-curso-xornadas en Vigo
xa o estades organizando. Se é así gustaríanos moito colaborar. E se ese
proxecto o tendes aparcado, dende a nosa asociación gustaríannos colaborar
convosco para levalo adiante.

Aparte de iso gustaríanos facer unha conferencia sobre a localización do SW
libre, para introducir á xente no tema e como 1ª toma de contacto con
futuros participantes nese curso.

Agardo novas vosas.

Apertas

Anxo Tato
Asociación Trabalingua
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Re: Presentacion na rolda

2011-01-21 Conversa Anxo TAto
Ola Jorginho!

Benvido, eu tamén son novo por aquí.

--
Anxo Tato
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Presentación Anxo

2011-01-17 Conversa Anxo TAto
Ola!

Gracias a todos polo recibimento. Que ben atopar por aquí alguén de Touro!

Xa baixei o gettext, poñereime en contacto cos desenvolvedores de Pondus
para ver o sistema de tradución e se o está traducindo alguén, etc. Supoño
que axiña terei dúbidas para preguntarvos.


Saúdos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Presentación Anxo

2011-01-11 Conversa Anxo TAto
Ola!

Chámome Anxo e veño de subscribirme á lista de correo de Trasno. Son de
Touro (A Coruña) e estou estudando Telecomunicacións en Vigo. Levo unha
temporada usando software libre (versión para netbook de Ubuntu) e
gustaríame colaborar na traducción de aplicacións ao galego. Como podo
comezar? Podería traducir Pondus? Un programa para controlar o peso no que
vas facendo entradas e vaiche gardando os distintos pesos e despois podes
facer gráficas, etc. Parece bastante sinxelo o programa en sí. Está xa
traducido ou estao facendo alguén?

Saúdos
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto