Boas!

Son Anxo, un rapaz da Universidade de Vigo.

Quería comentarvos un tema. Estou nunha asociación que se chama
Trabalingua<http://trabalingua.blogaliza.org>.
E queriamos facer unha charla sobre a localización de SW (libre) ao galego
este cuadrimestre. Tamén nós gustaría facer un cursiño práctico de
localización de SW libre ao galego a comezos do 2º cuadrimestre.

Vimos que nunha wiki de Trasno hai un proxecto para facer unha xornadas ou
algo similar ao que expusen arriba en Vigo. Tamén estamos ao tanto das
Xornadas-Conferencias que fixestes en Coruña o ano pasado.

O que queremos saber é se ese proxecto de obradoiro-curso-xornadas en Vigo
xa o estades organizando. Se é así gustaríanos moito colaborar. E se ese
proxecto o tendes aparcado, dende a nosa asociación gustaríannos colaborar
convosco para levalo adiante.

Aparte de iso gustaríanos facer unha conferencia sobre a localización do SW
libre, para introducir á xente no tema e como 1ª toma de contacto con
futuros participantes nese curso.

Agardo novas vosas.

Apertas

Anxo Tato
Asociación Trabalingua
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a