Re: Os malditos anexos MS-Word

2002-02-17 Conversa Xosé
Quen son os destinatários do escrito?

Aos que haberia que apontar, segundo a miña experiéncia, son aos que usan os 
ordenadores con relativa soltura (saben enviar un ficheiro!) mais non teñen 
coñecimentos técnicos nen interese en complicar-se. Estarian nese grupo os 
que ainda din que escreben en Windows.

Eu comecei a ler o texto e cansei-me rapidamente; basicamente, porque coñezo 
de que falas. Se queres que o artigo sexa máis efectivo, conta-o todo nun 
parágrafo introdutório, que iria resaltado cun fondo distino, e no que 
suprimirias os razoamentos e dirias simplemente e directamente que hai que 
evitar xuntar ficheiros de Word aos correios electrónicos e que é mellor 
converti-los a outro formato desde dentro de Word. O texto que xa tés 
seguiria e lerian-no aquelas persos que tivesen máis interese. Xusto debaixo 
do texto prévio (que seria como os abstracts dos artigos científcos) viria 
un índice html.

Eu mudaria o título do artigo para Os documentos de MS-Word non son 
adecuados para enviar por internet porque este publico entenderia-o mellor.
Igualmente, o ponto 4 intitularia-o Como facer?

Saúdos
Xosé Calvo
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Os malditos anexos MS-Word

2002-02-15 Conversa Manuel A.
O Ven, 2002-02-15 ás 12:02, Ramon Flores d'as Seixas escribiu:
 
 Envio esta mensaxe con unha finalidade dupla:
 
 1) Escoitar, mais ben ler, os vosos pareceres e suxeréncias sobre o mesmo.

 2) Promover unha campaña educativa contra o envio indiscriminado de ficheiros
 MS-Word. Ou sexa animar-vos a enviar o dito documento, ou algo similar, cando
 recebades un anexo con MS-Word non solicitado.

buuuh, é algo longa, eu mireina por riba namais.

creo que para enviar a alguén está mellor o de RMS, eu teño por aí unha
composta de cando lla enviei á rectora, que é moi dada a enviar adxuntos
por calquera parvada.

basicamente creo que é mellor o outro porque se ten que ir a algún URL é
un chisco probable de que o lea que se xa lle aparece ao abrir a msg, e
tb que ao ser tan longo se non lle interesa igual se bota para atrás
(coma min, que non é que non me interese pero ando algo frouxo hoxe :)

 Un saudo
  Ramón
 

aburinho!!


Manuel A. Fernández Montecelo man...@sindominio.net
  man...@es.gnu.org
  mfernan...@bec.uned.es
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Os malditos anexos MS-Word

2002-02-15 Conversa Fco. X. Vázquez Grandal
Ramon Flores d'as Seixas, escribeu:
 Bon dia:

 Eu, como supoño que moitos de vos non uso MS-Word, nen o boto en falta.
 [...]

Mañan botolle unha ollada, pero asi de primeiras desexoche sorte para que o 
documento cumpra o seu cometido. Eu tamen estou ata as narices dos .doc, que 
os hai que nin se abren ben con staroffice.

Saudos.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe