Boas!
Pois parece que a partires de agora vou poderme organizar para dedicarlle
algo de tempo á tradución, así que teño que voltar a aprender :P
Tiña pensado voltar a adicarme a KDE, pero como estou un pouco verde, penso
que precisaría un tutor para adaptarme á metodoloxçia e ferramentas de
traballo. Onte estiven estrebillando co trasno_firsttime.sh, e se ben tiven
un par de detalles, ó final fíxenme cos repositorios. O que xa non teño nada
claro é como usar o lokalize... quedeime no Kbabel cando petaba por todos
lados XD.
Así que busco a alguén disposto a botarme unha man na aprendizaxe inicial,
que me dea unha noción dos recursos a utilizar para non meter moito a pata
na tradución, e posiblemente me revise as primeiras para que non se me pasen
demasiados erros. En canto a que traducir, en principio non teño
preferencia, xa verei que hai libre e en qué podo dar mellor resultado.
Agradécense voluntarios. Son bo de levar e moi mandadiño XD
PD: Tamén tiña en mente (xa o comentara con Bouzada, creo) traducir un
programiña de axustes espectrográficos chamado fityk, pero non está
localizado, e a docuimentación de momento paréceme un traballo excesivo, así
que quedará para o futuro.
--
Xabier Villar