Os sistemas de traducion via web son unha opcion, igual ca usar poEdit
ou un programa dese tipo. Pero sempre son opcions complementarias. Hai
veces nas que se poderan usar unhas ferramentas e outras nas que
habera que usar outras.

É certo que non traducen a unha velocidade moi elevada. Espero que iso
se solucione é que a baixa velocidade se deba a unha calidade altisima
de tradución e á falta de tempo. Pero mellor non digo moito, non vaia
ser que lle dea a alguén por comparala ca velocidade de tradución de
Mandriva :)

Por certo, algunha xente do equipo de inkscape esta debatendo (ainda
moi en abstracto) sobre a posibilidade de montar un servidor pootle
sobre o svn de inkscape para poder traducir via web directamente as
cadeas do svn e facelo commit no momento. ¿Pódese facer tal cousa ou
custa moito implementalo?

Ata logo,
            Leandro Regueiro

On 1/8/07, mvillarino <mvillar...@gmail.com> wrote:
O Sábado, 6 de Xaneiro de 2007 12:15, pedro silva escribiu:
> para exemplo, o caso de rosetta, ou o do trebello de mancomun, que
> estan a conseguir aportacions de usuarios non tecnicos cunha
> velocidade ata o de agora nunca vista.

No caso do entrans de mc, vou poñe-lo en dúbida:

O día 2006-10-31 13:01, arribi comunicou na rolda de ferram.....en mancomun
que

acaba de subir os ficheiros PO para a tradución do Firefox 2.0 ao
galego. Esa tradución estaba parcialmente feita (67,2%). Hoxe, no entrans de
mc, Firefox 2.0 consta traducido a un 84,8% , o que supón un incremento do
17,6%. Dado que son unhas 4559 cadeas en total, isto supón que en dous meses
foron traducidas 803 cadeas, un ritmo de 13 a 23 cadeas/día, segundo contemos
ou non só os laborábeis.

No caso do OO.org 2.0.4 , o día 2006-10-10 12:10, tiña traducido o 3%, agora o
22,4%, isto é, un incremento do 19,4% en 2270 mensaxes, unhas 441, a un ritmo
aproximando de 6 a 9 mensaxes día.

Suma: de 19 a 32 mensaxes/día, de 133 a 224 mensaxes/semana, cifras nada
impresionantes (para kde, isto suporía que trunk iría estar rematado en 125
semanas, algo mais de dous anos)

> a calidade é básica. obviamente.
>
> sobre as persoas que estivestes varios anos traballando na traduccion
> de debian, so podo decir unha cousa: moitas gracias.
>
> saude!
Por desgraza, de abondo para non coller unha baixa, coa falla que me fan uns
días de lecer.....


--
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE


_______________________________________________
Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_gal...@mancomun.org
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego




Responderlle a