Boas:
Iso é o que poñía na páxina de openoffice. Eu o único que fixen foi replicar dita información.

http://extensions.services.openoffice.org/en/project/Corrector_ortogr_galego



En 2011/02/17 14:55, Anton Meixome escribiu:
Excelente noticia.

Aprobou Miguel Solla a publicación do motor de corrección e a
asignación a Proxecto Trasno?
Digo eu para que sexa unha festa completa.



2011/2/17 ifrit<if...@sonche.eu>:
Bo traballo! Agora a buscarlle os fallos ;) (con cariño) :D

2011/2/17 damufo<dam...@gmail.com>:
Boas:
Está próxima a saída do Firefox 4
Como tiña que anovar a extensión do corrector de galego fixen unha nova
version do paquete en base á version do corrector do openoffice version
Miguel Solla.
Os que empreguedes o corrector no Firefox ou no Thunderbird apareceravos a
actualización á versión 2.2.3 (ao mellor tiña que tela posto como 2.3 ¿?)
O caso é que esta versión do corrector é bastante máis pesada (e completa)
que a anterior.
Eu levo empregándoa uns días e non apreciei que fose máis lenta.

Calquera comentario ao respecto sempre é benvido.
O texto que agora aparece na descrición da extensión é:

https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/addon/corrector-de-galego/

"Galician spellchecking dictionary"
This extension was made for "Proxecto Trasno" 2010
Spellchecker files (gl_ES.aff, gl_ES.dic) from Miguel Solla, also for
"Proxecto Trasno".
IMPORTANT : Based on Normative from RAG on 2003

Logo en "More about this add-on"
explico que as versións anteriores están baseadas no corrector desenvolvido
por mancomún.

Por certo os de mozilla deben andar liados xa que tardaron uns cantos días
en activar (revisar) a extensión.
Que preste!

--
damufo





_______________________________________________
Galician mailing list
galic...@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician



--
====================
http://about.me/ifrit
====================
_______________________________________________
Galician mailing list
galic...@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician



_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a