Re: [Wesnoth] Nomes das unidades e armas (segunda parte)

2010-10-11 Conversa Leandro Regueiro
2010/10/10 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Leandro Regueiro:
 2010/10/9 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  Para os primeiros termos atopei unha solución que me convence:
 
  mace → maza (esta xa estaba establecida, pero tíveno en conta para a
  decisión)
  flail → mallo
  morning star → mazo

 O de mazo igual non é boa idea. Cando estivera investigando o tema
 este considerei ir a algún museo onde expuxeran armas antigas, pero ao
 final non fun. En todo caso morning star non é mazo.

 Entendo por http://en.wikipedia.org/wiki/Morning_star_(weapon) e
 http://es.wikipedia.org/wiki/Lucero_del_alba_(arma) que é unha maza cunha
 cabeza xeralmente esférica e con pinchos, e que en España non chegou a
 diferenciarse do resto de mazas en cuestións terminolóxicas. De feito “lucero
 del alba” é un calco (ou como se chamen estas “traducións directas”). A falta
 dun termo específico en galego (que se o hai será tamén unha “tradución
 directa”), mellor aproveitar que temos varios sinónimos de maza e usar un
 distinto para cada unha das do xogo, non?

Tes razón. A arma que describin (mango do que pendura unha cadea que
remata nunha bóla con pinchos) aparece na Wikipedia como unha especie
de mallo http://en.wikipedia.org/wiki/Flail_%28weapon%29#History Non
me decatara ata agora de que na Wikipedia hai dúas entradas de
flail: a do apeiro de labranza e a da arma, e que teñen feituras
diferentes. Perdón por liar.

Aínda así non me gusta o de chamarlle mazo. Pero se non se atopa unha
tradución mellor... A única solución que se me ocorre así rápido é ir
a http://www.museosdegalicia.com/ e intentar buscar un museo no que
teñan colección de armas medievais.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Wesnoth] Nomes das unidades e armas (segunda parte)

2010-10-10 Conversa Leandro Regueiro
2010/10/9 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
 Para os primeiros termos atopei unha solución que me convence:

 mace → maza (esta xa estaba establecida, pero tíveno en conta para a decisión)
 flail → mallo
 morning star → mazo

O de mazo igual non é boa idea. Cando estivera investigando o tema
este considerei ir a algún museo onde expuxeran armas antigas, pero ao
final non fun. En todo caso morning star non é mazo.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Wesnoth] Nomes das unidades e armas (segunda parte)

2010-10-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
Leandro Regueiro:
 2010/10/9 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  Water Serpent
   Os eruditos teñen opinións distintas respecto da orixe da NOME. Algúns
  din que son descendentes ou primos das serpes mariñas. Outros que son
  fillas dos nagas. Pero se en algo están todos de acordo é en que cómpre
  evitar as augas nas que habiten.
  
   Algunhas opcións:
   → Serpe de auga
   → Serpe fluvial
 
 serpe acuática

Gústame.
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Re: [Wesnoth] Nomes das unidades e armas (segunda parte)

2010-10-10 Conversa Adrián Chaves Fernández
Leandro Regueiro:
 2010/10/9 Adrián Chaves Fernández adriyeticha...@gmail.com:
  Para os primeiros termos atopei unha solución que me convence:
  
  mace → maza (esta xa estaba establecida, pero tíveno en conta para a
  decisión)
  flail → mallo
  morning star → mazo
 
 O de mazo igual non é boa idea. Cando estivera investigando o tema
 este considerei ir a algún museo onde expuxeran armas antigas, pero ao
 final non fun. En todo caso morning star non é mazo.

Entendo por http://en.wikipedia.org/wiki/Morning_star_(weapon) e 
http://es.wikipedia.org/wiki/Lucero_del_alba_(arma) que é unha maza cunha 
cabeza xeralmente esférica e con pinchos, e que en España non chegou a 
diferenciarse do resto de mazas en cuestións terminolóxicas. De feito “lucero 
del alba” é un calco (ou como se chamen estas “traducións directas”). A falta 
dun termo específico en galego (que se o hai será tamén unha “tradución 
directa”), mellor aproveitar que temos varios sinónimos de maza e usar un 
distinto para cada unha das do xogo, non?
___
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

[Wesnoth] Nomes das unidades e armas (segunda parte)

2010-10-09 Conversa Adrián Chaves Fernández
Bueno, velaquí van outras armas e unidades que foron engadidas novas ao xogo. 
Este xa é o derradeiro correo deste tipo, coas respostas a este e ao anterior 
podo dar por rematada a revisión do ficheiro PO «wesnoth-units».

Humanos

flail
  Aspecto → http://units.wesnoth.org/trunk/C/Shock Trooper.html

http://images.artelista.com/artelista/obras/fichas/2/0/9/180497389125.jpg
  En castelán é “mangual” ou “mayal” (http://es.wikipedia.org/wiki/Mangual), 
ningún dos cales aparece no meu castelán→galego.
  
  Tras non atopalo nin no DiGalego nin no DRAG do 1997 (esta vai directa ao 
Galicionario ;) apareceume por “mayal” no Dicionario de Dicionarios: 
http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=mayaltipo_busca=castelan 
(coma apeiro de labranza, pero é que iso é o que era ata que o decidiron 
utilizar para romper cabezas)

  Algunhas opcións:
  → malle
  → mallo (collido xa para “morning star”, 
«http://units.wesnoth.org/trunk/C/Mage of Light.html»)
  → manle

  Nota: preguntei na lista con respecto á diferencia entre “flail” e “morning”, 
e aínda que no Wesnoth aparezan co mesmo aspecto, en realidade son distintos. 
Isto significa que ao mellor hai que cambiar a tradución de “morning star” se 
hai vocabulario en galego que permita facer a diferencia, a pesar de estaren 
fixada. Dita diferencia consiste en que mentres “flail” é o apeiro de labranza 
en si, que logo foi utilizado directamente como arma 
(«http://en.wikipedia.org/wiki/Flail_(weapon)»), “morning star” foi arma dende 
o principio, e ten eses pinchos característicos 
(«http://en.wikipedia.org/wiki/Morning_star_(weapon)»).

Monstros

Giant Rat
  Cunha cantidade suficiente de alimento, algunhas ratas chegan a medrar ata 
acadar unhas dimensións verdadeiramente impresionantes. Poden volverse ademais 
bastante agresivas.
  
  Algunhas opcións:
  → Rata xigante

Water Serpent
  Os eruditos teñen opinións distintas respecto da orixe da NOME. Algúns din 
que son descendentes ou primos das serpes mariñas. Outros que son fillas dos 
nagas. Pero se en algo están todos de acordo é en que cómpre evitar as augas 
nas que habiten.

  Algunhas opcións:
  → Serpe de auga
  → Serpe fluvial

Non mortos

Ghast (non confundir con “ghost”)
  O NOME é unha criatura que parece saída dos pesadelos máis primixenios dos 
seres humanos. Ao contrario que os seus primos menores ─monstros carroñeiros e 
necrófagos─ os NOME non son pacientes abondo para agardar a que as súas 
vítimas morran de envelenamento antes de devorar o seu corpo. Atacan 
directamente coas súas enormes fauces coa intención de arrincar a carne viva 
directamente do óso. Unha vez morta a súa présa devoran o resto do corpo, 
aumentando así a súa forza.

  Aspecto → 
http://forums.wesnoth.org/download/file.php?id=39386sid=ecf5dcf233fbf2d8fe8130c214b42709
 
(o da dereita, o da esquerda é o “necrófago”)

  Algunhas opcións:
  → Devorador