Tue, Feb 01, 2000 at 07:47:44PM +0100, Gonzalo Gonzalez Rodriguez escribiu:

>Amigo "Jesús":

        ¿E esas comiñas? :-D

>>      Podes falarme de "economía lingüística" para crear novos termos,
>> pero iso de recorrer a outra lingua para usar un termo que _xa_ existe na
>> nosa, paréceme triste...
>
>Xanela é unha palavra perfeitamente galega, e iso acho que é indiscutível.

        Dime onde dixen eu que non o fose, e entón dareiche a razón.
Estaba a criticar esa teoría de economía -> coller o do portugués.

        Se en galego temos tres termos (xanela, fiestra, ventá), ¿por qué
temos que ir simplemente ó portugués para ver que usan eles?

>>      ¿Por que "ventá" non é acaído? ¿Porque se parece á lingua malvada
>> que ven do leste? :-???
>
>Pois mira, porque se "ventá" é acaído, tamén o é "grifo", "silla", "Dios",
>"pueblo"... formas comúns na fala popular, mais incorrectas. Algo similar

        Incorrecto é "ventana", que tamén é común na fala popular.  Pero
ventá non.

>correctas... "Deus", "povo" ou "vila", entre outras, viven, e foron
>tomadas (sic) do portugués, mal que che pese.

        ¿Povo tomada do portugués?  Carallo, menos mal, ¿e como se dicía
antes? ¿Pueblo? :-)

        E se dis que "mal que me pese" por collela, pois estás trabucado.
A min paréceme ben, e lóxico, pero con _senso_, non ó tolo.

>>      Eu, insisto, se ti dis que "ventá" é castelanismo, eu direi que
>> "xanela" é lusismo. :-)
>
>Non vou discutir, xanela é galego. Mais non comprendo porqué tes esa fóbia
>irracional. 

        ¿Fobia a que, perdoa? :-D  É incrible, fas afirmacións sobre min
que deben estar só na túa mente. :-DDD

        Claro que xanela é galego.  Só digo que ventá tamén o é.

>>      Por certo, iso non ten relación algunha co "castrapo", ata onde eu
>> sei é xusto o contrario. ;-)
>
>castrapo : mestura de galego e castelán. Stop.

        castrapo: castelán malfalado por un galego-falante

>> >Xanela é unha palabra perfeitamente coñecida por todos os galegos. Non
>> >vexo razón nengunha coerente para non usá-la.
>> 
>>      Unha merda, iso o dirás ti.  Eu vivín 11 anos en Galicia, 8 deles
>> en Coruña, e 3 deles en Tui, e vou perto de alí tódolos veráns, e _nunca_
>> escoitara/lera a palabra "xanela" asociada ó galego ata que alguén a puxo
>> nesta lista...
>
>Digo-o eu e os dicionários de galego que há. Estás demostrando coa tua
>patoloxia irracional tamén unha alérxia aos livros e a fala
>popular. Podo-che garantir que escuitei esa palavra. (Son de Vigo)

        A ver, a ver, a ver... analicemos a situación:

1.- Ti afirmas que esa palabra é coñecida por tódolos galegos
2.- Eu respondo que eu (eu, si, eu, é dicir, un individuo único que fala
por si mesmo, en representación de si mesmo, e non en boca de tódolos
galegos como fan outros) nunca oín (eu) esa palabra, e que tardei moitos
anos en mirala escrita.
3.- Ti colles e dis que teño unha patoloxia e unha alerxia ós libros (¿por
que será que nos libros só lin fiestra e ventá?)

        ¿Podesmo explicar? :-?

>>      E aínda estou a esperar oíla de boca dalgún galego. :-?
>
>Hei-che de mandar un *.wav do meu avó, galego-falante desde há 85 anos,
>explicando-che o que é (xa que non gostas dos livros) :]

        ¿Dixen eu en algún momento que non a dixera ninguén? :-???????

        Xa dixen nesta lista que a miña nai díxome que si que a oiu, ¿ou é
que tampouco vou crer á miña nai por ese pouco gusto dos libros? :-D

>> >Sexamos consecuentes co noso idioma. Non somos como o euskera.
>
>Quer dizer: o galego non é unha língua isolada. Pertence ao diasistema
>linguístico ibérico occidental (galego-portugués), non ao central
>(castellano). Quer dizer: o galego e o portugués son línguas irmás, que
>evoluíron xuntas muito tempo. 

        Quen o diría. :-)  Entendinche mal, síntoo.

>>      ¿E logo?  Non hai máis que ver o que fan en castelán e usalo. :-D
>
>Moi bien, moi bien , e logo, por que falar galego?  :p

        Non entendo a que ven esa pregunta. :-?

>Usemos o castellano, que está nunha esfera superior en todos os
>aspectos. O galego é o seu dialecto  :?  

        Esta tampouco. :-?

>Os teus argumentos caen polo seu próprio peso. Espero que abras un
>pouquiño a tua mente.

        Eu -> fiestra-xanela-ventá
        Ti -> xanela (algo máis?)

        ¿Quen ten que abri-la súa mente?

>Un saúdo, onde queira que estexas.

        Nos Madriles. :-)

        Por certo, todo iso da fobia, se te referías ó portugués, non vas
polo bo camiño.  Góstame moitísimo o portugués, e cando vou a Galicia trato
de aprendelo, ben sexa por métodos simples coma escoitar/le-los subtítulos
da Televisión portuguesa, ou pedirlle á miña curmá os seus libros de
gramática portuguesa (¡si, eses que ti dis que non me gustan!)

        :-)

-- 
     _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a