Re: [terminoloxia] grid, clue (encrucillados)

2013-12-09 Conversa Xosé
Descoñecía gradicela. Eis outra referencia
http://dubidasdogalego.wordpress.com/tag/gradicela/
On Dec 8, 2013 12:30 PM, Antón Méixome cert...@certima.net wrote:

 Despois de discutilo Bouzada e mais eu chegamos a esta proposta

 crossword - grid - clue

 encrucillado - gradicela  - definición

 Desbotamos

 grella, cruzado, cuadrilátero, cuadrícula, debuxo, diagrama,

 Resulta rechamante que ata hoxe non haxa unha palabra especializada
 con este valor. O dicionario RAG permite chamarlle ao debuxo dos
 cadros do xogo tamén encrucillado pero resulta totalmente impreciso
 para manexar un software de creación de encrucillados como o genxword.
 Pódese aceptar como sinónimo hiperónimo pero... un encrucillado
 consta de dous elementos: cadros asociados en forma de liñas cruzadas
 que forman unha figura de encrucillado?

 Por certo, este tipo de precisións deberían estar na definición da
 palabra encrucillado pero o que nos atopamos é que a definición do
 DRAG está fortemente inspirada na do DRAE (ou ao revés pero non
 creo) e como o orixinal non o fai, a RAG tampouco.

 Gradicela, trátase dunha palabra enxebre que se fai sinónima de malla,
 que está decaendo no seu uso e que resulta perfecta para a súa
 recuperación (reixa, enreixado, gradicela): un encrucillado é un xogo
 de palabras que consiste en encher coas súas letras unha gradicela que
 combina as palabras adecuadas suxeridas polas súas definicións
 cruzándoas de modo preciso no debuxo que forma a gradicela.

 De feito, resultaría tamén moi recomendable para todas as traducións
 do «grid» inglés en programas de deseño ou debuxo. Na nosa opinión
 debería dárselle prioridade antes que usar «grade»

 Definición non ten problema ningún e ademais xa se utiliza amplamente
 neste contexto.
 ___
 Proxecto mailing list
 Proxecto@trasno.net
 http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

[terminoloxia] grid, clue (encrucillados)

2013-12-08 Conversa Antón Méixome